Amosando publicacións coa etiqueta Orientación ás familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Orientación ás familias. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de novembro de 2021

RESPUESTA EDUCATIVA INCLUSIVA

 

 Premendo na imaxe accédese á páxina de Concha Barceló que contén cantidade de información e recursos para fomentar a inclusión do alumnado.

venres, 22 de maio de 2020

MÁSCARAS E DIVERSIDADE FUNCIONAL

Nestes días confirmouse a obrigatoriedade do uso de máscaras dende os 6 anos. Teranse que levar en espazos públicos cando non se poida manter a distancia de seguridade de 2 metros e nos espazos pechados.
Sabemos que esta obrigatoriedade está exenta para aquelas persoas que presenten dificultade respiratoria e discapacidade ou dependencia.

Aínda así, adxuntamos  unhas pautas prácticas de uso das mesmas, para que as familias con persoas con diversidade funcional as teñan en conta.
Lembrade que a máscara é unha ferramenta máis, a parte da hixiene e o distanciamento social, que nos permitirá coidar a nosa saúde nesta pandemia global que afecta a toda a sociedade. 
COIDÉMONOS!

luns, 18 de maio de 2020

PROPOSTAS EDUCATIVAS DO SALÓN VIRTUAL DE PONTEVEDRA

Este ano o Salón do Libro de Pontevedra tivo que ser suspendido con motivo da crise sanitaria do coronavirus. Pero a organización tentou atopar unha solución que permitira, por unha parte, facer máis levadeira a situación actual á cativada confinada e por outra, paliar na medida do posible o impacto que está a ter no sector cultural, onde se están a cancelar a meirande parte das actividades programadas neste tempo. Así foi como naceu o SALÓN VIRTUAL, que aínda podedes visitar premendo no seguinte enlace:


O resultado foron máis de 100 publicacións nas redes sociais, que inclúen obradoiros, xogos, contacontos, exposicións virtuais, actuacións,... Atoparedes enlaces a todas elas a través do enlace anterior.

Nesta entrada gustaríanos destacar algunhas propostas, que vos poden resultar útiles nas vosas casas: 


Neste  obradoiro, impartido por Anxo Fariña, aprenderedes a relaxarvos e a entender as vosas emocións e pensamentos a través de técnicas de Mindfulness e respiración, é un obradoiro que podedes levar a cabo xuntos, nenos e adultos.
Tamén se ensinan algúns materiais útiles para axudar aos nenos a calmarse a relaxarse, por exemplo, cando teñen problemas para conciliar o sono.


Este obradoiro creativo foi impartido polo ilustrador Kiko da Silva, coñecido polas súas publicacións de viñetas para El Correo Gallego e por ser o fundador da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia "O GARAXE HERMÉTICO". O obradoiro consta de dúas partes, que podedes ver na canle de Youtube do Salón do libro:
PARTE 1
PARTE 2


Neste obradoiro coñeceredes parte da historia do cómic ou Banda Deseñada e ademais de iniciarvos no coñecemento desta arte, gozaredes con Fiz, o neno máis porco do mundo que, desta vez, ten moitas cousas que ensinarnos sobre as historietas e viñetas.


Neste obradoiro aprenderedes a facer un retrato de conto a través do fisionotrazo que é un invento fantástico que xurdiu alá polo século XVIII para facer retratos.


Neste obradoiro aprenderedes a facer unha Pimbóla ou Pinball con cartón e outro material de refugallo. A Pimbóla foi un popular xogo durante moitos anos. Atopámola en versión electrónica ou mecánica e de seguro que os vosos familiares poden falarvos dela.


Gustaríavos que os vosos contos cobren movemento? Neste obradoiro aprenderedes a facer flipbooks ou libros en movemento, poñendo en práctica unha das técnicas máis antigas da animación. Tan só necesitades un caderno que teñades pola casa ou dunha cartolina, ademais dun lápiz e rotulador negro para facer os debuxos.


Esperamos que vos gusten as propostas seleccionadas en non dubidedes en darvos un paseo polo SALÓN VIRTUAL, onde descubriredes moitas outras propostas divertidas!

martes, 12 de maio de 2020

APRENDIZAXE BASEADA NO XOGO

Esta semana comezamos falando da Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABJ ou GBL Game Based Learning).  Esta metodoloxía pon énfase na motivación e convirte aos alumnos/as en verdadeiros protagonistas do proceso de aprendizaxe.



Nesta entrada propoñémosvos algúns xogos cos que podedes traballar diferentes destrezas e habilidades que están implicadas directamente no proceso de aprendizaxe.

Recollemos as propostas a continuación:


Con este xogo traballaremos a destreza visual, as nocións espaciais, a  atención, a concentración e a lóxica.

Podedes xogar con el de forma virtual en: TETRIS - EL PAÍS DE LOS JUEGOS

Ou se preferides facelo de forma manipulativa, podedes imprimir a proposta deseñada por "El bolsillo de mi babi".

Palabrea é un xogo de cartas co que traballaredes habilidades lingüísticas como a conciencia fonolóxicaa fluidez verbal; tamén traballaredes a visopercepción, a velocidade de procesamento e a memoria de traballo.

Premendo na foto, podedes descargar unha versión do xogo gratuita en PDF para imprimir, e así podedes probalo nas vosas casas e valorar se merece a pena facerse con el.


No seguinte vídeo aprenderedes as regras do xogo, pero se vos esforzades en aprendelas vos mesmos, tamén melloraredes as funcións executivas:

Na páxina de Ludilo coñeceredes moitos outros xogos de mesa divertidos para xogar en familia, cos que disfrutaredes pequenos e maiores.


Ikonikus é un xogo no que cada carta representa unha emoción e a empatía xoga un papel clave, xa que os xogadores deben tratar de adivinar o que sentiría o resto en diferentes situacións. Xogar coas emocións nunca foi tan divertido.

Premendo na seguinte imaxe podedes descargar unha versión imprimible do xogo.


A continuación veredes un videotitorial explicando as regras de Ikonikus:

Tamén podedes aproveitar  este tempo para gozar de xogos clásicos que teñades na casa como o Parchís, a Oca, etc. A vantaxe que teñen os xogos clásicos é que a  maioría dos nenos/as xa coñecen as normas do xogo tradicional e estas poden ser adaptadas para traballar contidos educativos, ademais das habilidades que xa se traballan participando nos propios xogos de mesa.

Premendo na seguinte imaxe, podedes descargar un taboleiro para imprimir do Parchís.

Ademais, podedes acceder a esta versión interactiva do Parchís coa que traballaredes e repasaredes as regras ortográficas.
Por último gustaríanos presentar este xogo pensado por EL MAESTRO MANU para o tempo de confinamento. “ConfinaJuego” é un xogo denominado "print and play": por iso tedes que imprimir o arquivo, colorealo e montalo, desta forma non só disfrutaredes do tempo de xogo, senón que tamén melloraredes a psicomotricidade fina e desenvolveredes a creatividade.

Premendo na seguinte imaxe, hai un enlace onde podedes descargalo:



Podedes descargar as súas instrucións  no seguinte enlace: INSTRUCIÓNS

E ata aquí as recomendacións de hoxe, esperamos que vos gusten e que pasedes un intre divertido á vez que mellorades as vosas habilidades.



martes, 28 de abril de 2020

RECURSOS PARA TRABALLAR A DISLEXIA


QUE É A DISLEXIA?

A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se dá en nenos/as que non presentan ningún hándicap físico, psÍquico nin sociocultural e a súa orixe parece derivar dunha alteración do neurodesarrollo.

Os nenos e nenas con dislexia han de facer fronte cada día a múltiples dificultades e problemas. A súa maneira de percibir as letras, codificar e procesar a información que transmiten é diferente. Un neno con dislexia procesa a información escrita e a escritura dun modo especial e é por iso que necesita unha atención máis especializada neste sentido. Un ensino adaptado ás súas características e as súas necesidades que lles permita desenvolver as súas capacidades e aprendizaxes.

O pasado mes de xaneiro foi publicado na nosa comunidade o Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e outras dificultades do aprendizaxe, no que se recollen algunhas pautas para as familias do alumnado con dificultades de aprendizaxe:

Pautas alumnado Ed. Infantil:

  • Aproveitar calquera situación da vida cotiá para espertar a curiosidade dos nenos e nenas por todo tipo de texto escrito.
  • Falar e escoitar aos fillos/as, utilizando unha linguaxe rica e expresiva.
  • Interesarse polo que fixeron na escola.
  • Prestar atención ás preguntas dos nenos e nenas sobre a lectura, mesmo antes de que comecen a aprender formalmente a ler e a escribir.
  • Practicar a lectura en voz alta de contos e álbumes ilustrados sobre: animais, adiviñas, trabalinguas, achegando aos nenos á literatura.
  • Conectar co que len e co que sucede na vida cotiá.
  • Cantarlles cancións, lerlles libros de rimas e dicirlles trabalinguas divertidos. Estes axudan aos nenos a volverse sensibles aos sons que conteñen as palabras.

Pautas alumnado Ed. Primaria:

  • Continuar coas suxerencias recomedadas para Educación Infantil.
  • Presentar a lectura como unha forma divertida e emocionante de ocupar o tempo libre.
  • Deixarlle claro que a familia comprende as súas dificultades, que sempre estará ao seu lado para axudarllle, que logrará avances aínda que coste moito e que poderá contar coa axuda específica para iso.
  • Valorar os seus progresos na lectura.
  • Propiciar un clima agradable e relaxado para a práctica da lectura.
  • Suxerir lecturas e non obrigar a ler.
  • Ser paciente co ritmo de lectura, animarlle a que lea detidamente cada palabra e evitar animarlle a adiviñalas.
  • Favorecer o hábito da lectura. A mellor forma de facelo é poñelo en práctica cada día. É recomendable facelo todos os días.

Para ampliar información, podedes descargar o protocolo premendo na seguinte imaxe:




Recopilación de recursos que poden ser útiles no traballo da dislexia 

DISLEXIA INFOGRAFÍA

DISLEXIA ✏ - INFOGRAFÍA ¿Qué es? ALGUNAS CONSIDERACIONES y ...DISLEXIA ✏ - INFOGRAFÍA ¿Qué es? ALGUNAS CONSIDERACIONES y ...
No anterior enlace podedes consultar unha infografía que recolle aspectos básicos da dislexia.

Trátase dunha ferramenta de apoio á dislexia, validada científicamente e que incorpora moitos exercicios lingüísticos a través dos que se traballan as competencias lingüísticas, a memoria de traballo e as funcións executivas.  DytectiveU está dispoñible nas plataformas iOS, Android e Web para que poida utilizarse tanto en ordenadores Windows e Mac, como en tabletas e smartphones. DytectiveU non é un recurso gratuito, pero durante o tempo de confinamentos Change Dyslexia quere botar unha man ás familias e alongan o período de proba de Dytective a 15 días.

DytectiveU mellora as habilidades de lectoescritura de todos os nenos e nenas e entrénaos para ler e escribir mellor.

Imagen



Piruletras é unha divertida aplicación baseada no xogo e deseñada para mellorar a lectura e escritura nos nenos que padecen dislexia



O xogo está dividido en 5 niveis, que están deseñados de acordo coa frecuencia das palabras, o seu número de letras e similitude con outras palabras.


Esta aplicación está dispoñible nas plataformas iOS Android.


GALEXIA
Galexia é un xogo educativo para mellorar a dislexia, fluidez lectora e dificultades na fala, gratuito e apto para nenos e adultos. Está dispoñible para dispositivos Android.
Cartel






MATERIAIS DA PSICO-GOLOTECA
La psico-goloteca

RECURSOS DE INTERNET PARA A DISLEXIA


letras_2

APPS PARA TRABALLAR A DISLEXIA




45 RECURSOS PARA TRABALLAR A DISLEXIA


EDUCACIÓN 3.0

RECOPILATORIO ACTIVIDADES

Recursos educativos totalmente accesibles y gratuitos.

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A DISLEXIA DESDE A CASA



ORTOGRAFÍA VISUAL: MÉTODO INTERACTIVO E ABERTO DE ORTOGRAFÍA E VOCABULARIO
Ejercicio para vincular la memoria visual a la ortografía
TARXETAS DE ORTOGRAFÍA


ORTOGRAFIA VISUAL
Actiludis

XOGOS DE ATENCIÓN PARA NENOS E NENAS

É unha app que consta de 15 xogos educativos para reforzar as habilidades de percepción visual e espacial, dirixida a nenos de todas as idades.

Cartel

SIMÓN E OUTROS XOGOS DE MEMORIA

O xogo de Simón é un famoso xogo de memoria. Consiste nun xogo electrónico de mesa con catro grandes teclas de diferentes cores: vermello, verde, amarelo e azul. Cada tecla emite un son diferente que axuda ao xogador a recordar a serie de teclas iluminadas. O xogador debe reproducir a secuencia de luz sen cometer un erro. No anterior enlace, podedes acceder a unha versión online do mesmo, xunto con outros xogos online de memoria. Ademais, neste mesmo enlace tamén atoparedes algúns xogos de memoria para imprimir.

juego de Simón online y gratis
memory dinosaurios para imprimirmemory de playa para imprimir

SOPA DE LETRAS
No seguinte enlace podedes acceder a  exercicios online de sopa de letras de distintos temas: animais, profesións, alimentos, froita, colexio, universo, tempo,...

juegos de ciencias naturales

PALABRAS AO REVÉS


No enlace anterior podedes acceder a tarxetas de exercicios de palabras ao revés.



xoves, 23 de abril de 2020

PROPOSTAS DE ILUSTRADORES PARA O TEMPO DE LECER II

Continuamos dando visibilidade ás propostas de lecer creadas polos ilustradores e outros artistas que tanto se están implicando durante este tempo de confinamento:
Nuria Díaz é un ilustradora nacida en Vilagarcía de Arousa que se define a si mesma como silenciosa, curiosa e observadora. Estudou  a licenciatura de Belas Artes na Universidade de Vigo e máis tarde especializouse cursando un Máster en Arte e Comunicación.
Nun principio, Nuria encamiñou a súa carreira cara ao deseño gráfico, ámbito no que traballou durante bastante tempo. Na actualidade dedícase por completo á ilustración, tanto no ámbito editorial coma no publicitario.
Nuria é unha artista prolífica e entre as publicacións ilustradas por Nuria, atopamos varios títulos de Ed. Xerais e máis recentemente un libro homenaxe ao cineasta Wes Anderson da Editorial Lunwerg.
Nas redes sociais podedes atopala como NuriaDiaz e tamén podedes visitar a súa galería e portafolio no seguinte enlade: PORTAFOLIO.
Durante estes días, Nuria compartiu con todos nós unha versión en diorama do Gran Hotel e tamén varias das súas imaxes para colorear.

xoves, 2 de abril de 2020

DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


Seguramente algúns non sabiades que hoxe día 2 de abril se celebra o día mundial da concienciación sobre o autismo. No ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU), preocupada pola prevalencia do autismo en todas as rexións do mundo, declarou por unanimidade o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Para axudar a darlle visibilidade a este trastorno na nosa sociedade, propoñémosvos unirvos a esta proposta simbólica coa que podedes colaborar sen necesidade de saír das vosas casas.

Ademais, gustaríanos recomendarvos a familias e compañeiros/as a lectura dun libro, para cando teñades un ratiño de relax. 


El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon é unha novela que non se parece a ningunha outra. Peculiar pola forma na que está narrada, esta novela recibiu múltiples premios coma o premio Whitbread e o premio Commonwealth ao primeiro libro do autor.
Na novela, o seu protagonista chámase Christopher. Christopher coñece as capitais e todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e adora as listas, os esquemas e a verdade, máis ten dificultades para relacionarse con outras persoas. A través da súa mirada resolveremos un misterio.

E vos coma lectores podedes axudarlle a resolvelo, para poder facelo, necesitades premer no anterior enlace ou na imaxe da portada que se atopa a continuación.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!


martes, 31 de marzo de 2020

ROSA CONTRA O VIRUS E OUTROS RECURSOS

A continuación ímosvos presentar algúns recursos que poden axudarlles aos vosos fillos/as a comprender o que está ocorrendo:

Rosa contra el virus é un conto para explicarlles aos nenos e nenas o Coronavirus e outros posibles virus, publicado polo Colegio Oficial de la Psicología de Madrid. Este colexio, respondendo á necesidade e demanda social, está levando a cabo unha serie de iniciativas orientadas a promover un afrontamento axeitado fronte ao brote de coronavirus (Covid-19).


A través deste conto, podemos explicarlles aos nenos que é o coronavirus e axudarlles a entender esta situación de Emerxencia Sanitaria que nos tocou vivir, así como a necesidade de quedar na casa para protexernos a tod@s.
Podedes descargalo en *.PDF premendo no seguinte enlace:

ROSA CONTRA EL VIRUS


Outro recurso interesante é o conto Mi casa es un castillo- Rutinas para nenos e nenas que no pueden salir de casa. Este conto foi creado pola psicóloga Itziar Fernández Cortés e a ilustradora Lorena Zamora, coa colaboración de Hilo Ediciones, co fin de axudar ás familias a establecer unha serie de rutinas saudables  para os nenos e nenas, desde un punto de vista lúdico. 

Podedes descargar o conto en *.PDF premendo no seguinte enlace:
MI CASA ES UN CASTILLO


Gustaríanos agradecer a todas as entidades e autores e autoras que están colaborando coa publicación destes materiais a que afrontemos esta situación da mellor forma posible.
MOITAS GRAZAS POLO VOSO ESFORZO E XENEROSIDADE!

luns, 30 de marzo de 2020

CÓMO AFRONTAR O ILLAMENTO CON MENORES CON DISCAPACIDADE E TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO

A Fundación Luchadores Ava é unha organización sen ánimo de lucro que naceu para asesorar e axudar ás persoas con trastornos neurolóxicos. Estes días publicou na súa páxina web unha guía para axudar ás familias a afrontar o illamento na casa con menores con discapacidade e trastornos do desenvolvemento.


Os nenos que padecen un trastorno do desenvolvemento necesitan un apoio incondicional para poder adaptarse a estos cambios repentinos. Eles afróntanse agora a un desafío relacionado coa comprensión e coa comunicación. Todo isto pode desembocar en estados de estrés, ansiedade ou depresión, que poden ir agravándose co paso dos días.

Nesta guía preséntanse algúns consellos e ideas prácticas para as familias de nenos e nenas con discapacidade e trastornos do desenvolvemento, para poder apoiarse neles e sobrelevar mellor a situación. Non obstante, na mesma hai moitos consellos que poden ser útiles para todas as familias.

Podedes descargala a través do seguinte enlace: