Premendo na imaxe accédese á páxina de Concha Barceló que contén cantidade de información e recursos para fomentar a inclusión do alumnado.
Amosando publicacións coa etiqueta Valores b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valores b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 4 de novembro de 2021
luns, 4 de maio de 2020
A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO 2020
Hoxe ensinámosvos unha proposta de actividade que podedes realizar estes días: facer a vosa cápsula do tempo.
Unha cápsula ou caixa do tempo é un recipiente hermético que ten a fin de gardar mensaxes e obxectos do presente para ser atopados por xeracións futuras. A expresión "cápsula do tempo" utilízase dende 1937, aínda que a idea é tan antiga como os primeiros asentamentos humanos en Mesopotamia.
Hoxe en día, o concepto de cápsula do tempo estase popularizando e en Internet podemos atopar cápsulas do tempo en distintos formatos: dixital (como poden ser fotografías), audios, textos ou vídeos.
Dende a páxina de Materiales Educativos, Nanelly Rivera creou e compartiu este material que vos axudará a facer unha cápsula do tempo do momento tan especial no que vivimos. Esta cápsula do tempo está en formato *.pdf e podedes imprimila e enchela coas vosas experiencias, fotos, emocións vividas, anécdotas... E por suposto, tamén podedes incluír cousas que non aparecen na plantilla ou animarvos a facer unha cápsula noutros formatos, a creatividade non ten límites.
Podedes descargar o documento no seguinte enlace:
CÁPSULA DO TEMPO 2020
Se ademais vos gustan as manualidades, aquí podedes ver un tutorial para facer unha cápsula onde gardar os recordos, podedes adaptar os materiais e en vez de foam ou goma eva, utilizar material de refugallo que teñades por casa.
Etiquetas:
Atención á diversidade,
Competencias básicas,
EMOCIONS,
Recursos,
Recursos web,
Valores,
Xogos
sábado, 5 de maio de 2012
IGUALMENTE AMIGOS
"Igualmente amigos" é un caderno editiado polo Goberno de Aragón que traballa a igualdade.
Trata de temas tan importantes como a igualdade entre xéneros, a resolución de conflitos, a violencia de xénero ou a sexualidade.
Moi axeitado para o alumnado de secundaria aínda que se pode traballar xa no terceiro ciclo de primaria.
Para acceder hai que premer na imaxe.
domingo, 15 de xaneiro de 2012
IRENE EN EL SAHARA
Irene en el Sahara é o segundo conto dunha serie creada por ONG Internacional de Solidariedade, a primeira é titulada "Irene en América Central" - nunha campaña de educación intercultural para primaria.
Como é a vida no deserto? O que un campo de refuxiados? Cal é a razón pola que os nenos saharauis non poden vivir no seu país?
Na historia, Irene ten un amigo Subsahariano Gali, ao que coñecía porque foi acollido por unha familia española hai tempo.
Ao final da historia hai moitas actividades para traballar en el aula, enigmas, sopa de letras do Sahara, un labirinto, e un espazo de orientación para profesores ou os pais que queren impulsar aos seus fill@ s cun pouco de reflexión sobre solidariedade.
É un conto moi recomendado para conmemorar o día da Paz.
Premer na imaxe para ler o conto.
sábado, 10 de setembro de 2011
CONTOS SOLIDARIOS
Páxina onde podemos atopar os contos solidarios, contos para construir un mundo mellor!
Para acceder hai que premer na imaxe.
luns, 11 de abril de 2011
A COMPAÑIA "MIGALLAS TEATRO" EDITA O LIBRO “UN AVÓ ESPECIAL”, SOBRE A DOENZA DO ALZHEIMER
O libro “Un avó especial” está baseado na obra teatral do mesmo nome. Conta a relación entre un avó e a súa neta dende que esta nace ata que ten doce anos. O avó arrólaa; cóidaa; ensínalle ditos, cancións, xogos... Co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous pero, un día, o avó comeza a ter moitos despistes e, ademais, cámbialle o carácter.
Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural. Os ditos, os xogos e as cantigas populares son un elemento fundamental nesta transmisión. http://www.migallas.com/
Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural. Os ditos, os xogos e as cantigas populares son un elemento fundamental nesta transmisión. http://www.migallas.com/
O libro vai dirixido aos nenos e nenas e é de distribución da editorial Kalandraka.
luns, 14 de marzo de 2011
19 DE MARZO, DÍA DO PAI
Dada a proximidade da celebración do día do pai, comezamos a semana facendo unha conmemoración a todos nosos pais.
A maioría dos países contan no seu calendario cun día de recoñecemento á figura do pai, implicado na educación dos seus fillos, cos que comparte non so lecer, senón preocupacións, anhelos, perdas e ilusións.
Durante esta semana imos ir recomendando cada día un libro no que a figura do pai como coeducador dos fillos xoga un papel moi importante.
O libro de hoxe é O TREN de Silvia Santirosi & Chiara Carrer (editorial OQO).
En O tren, a pequena protagonista debe facer fronte á terrible perda da súa nai. O pai recorre a un relato para axudar a entender un feito tan doloroso como natural.
Como podo dicirche que as persoas que queremos morren, nos deixa e se van? Como podo dicirche que o amor e a alegría forman parte da vida igual que a dor e a tristeza? (...) Como podo dicirche todo isto, miña nena?
Entón cóntoche unha historia.....
HORA DE LER - EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE
Moitas das tarefas domésticas son actividades universais, en todo o mundo hai que facelas: poñer a mesa, pasar o ferro,aspirar...
Pero…
TEN QUE ASUMIR TODA A RESPONSABILIDADE DO TRABALLO DOMÉSTICO A MULLER?
Sandra, André Sivia e Jaime, alumnos de 2º, len na clase de 5º este poema como se dun conto se tratara, superando todas as dificultades que a aprendizaxe da lectura supón para eles, e explicándolles ao remate da lectura a importancia que ten compartir estas tarefas entre todos os que viven na mesma casa.
COOPERANDO, COMPARTINDO EXPERIENCIAS, GAÑAMOS TODOS! Noraboa a todos, os que len e os que fixeron unha escoita activa!
E como non, aquí tedes o poema
View more presentations or Upload your own.


sábado, 26 de febreiro de 2011
"A IGUALDADE CONTA"
"A igualdade conta" é unha colección de contos infantís da editorial Embora con contidos coeducativos e transversais. O seu obxectivo é consolidar prácticas educativas que rompan coa barreira de xénero e coa xerarquización dos estereotipos e roles asignados arbitrariamente a un ou outro xénero.
Na imaxe temos tres libros desa colección recomendados para os máis pequenos.
sábado, 29 de xaneiro de 2011
VIDEOS YOUTUBE PARA TRABALLAR VALORES
Recompilación de videos youtube para traballar os valores:
- Derechos humanos
- Generosidad
- Respeto
- Conflictos
- Empatía
- Autoestima
- Atrévete
- Trabajo cooperativo
- Vive y se feliz
- Lo más vital
- Nada es imposible
- Un mundo ideal
- Bajo el mar
- Colores en el viento
- Diversas familias
- Ese no es mi problema
- Integración de extranjeros
- Otros niños del mundo
- Nariz de serpiente
- Uso de las nuevas tecnologías
- Derechos humanos
- Generosidad
- Respeto
- Conflictos
- Empatía
- Autoestima
- Atrévete
- Trabajo cooperativo
- Vive y se feliz
- Lo más vital
- Nada es imposible
- Un mundo ideal
- Bajo el mar
- Colores en el viento
- Diversas familias
- Ese no es mi problema
- Integración de extranjeros
- Otros niños del mundo
- Nariz de serpiente
- Uso de las nuevas tecnologías
mércores, 12 de xaneiro de 2011
DIA DA PAZ
Como ven sendo habitual desde hai 25 anos, o Seminario Galego de Educación para a Paz, fai un chamamento ao profesorado e á comunidade educativa para que celebre nos colexios e institutos esta efeméride con actividades diversas e axeitadas aos distintos niveis do ensino, iniciciativas de aula e colectivas, proxectos de solidariedade, exposicións, xogos e dinámicas, representacións, proxeccións, comentarios, debates, actuacións musicais, manifestos,intercambios escolares, etc.
Se se preme na imaxe accederase a unha serie de ligazóns con todos eses materiais.
domingo, 10 de outubro de 2010
EDUCACIÓN PARA A SOLIDARIDADE
Conxunto de presentacións, actividades interactivas e información para acadar unha educación para a o desenvolvemento e a solidaridade.
Moi bo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















