Amosando publicacións coa etiqueta EMOCIONS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EMOCIONS. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2020

PROPOSTAS EDUCATIVAS DO SALÓN VIRTUAL DE PONTEVEDRA

Este ano o Salón do Libro de Pontevedra tivo que ser suspendido con motivo da crise sanitaria do coronavirus. Pero a organización tentou atopar unha solución que permitira, por unha parte, facer máis levadeira a situación actual á cativada confinada e por outra, paliar na medida do posible o impacto que está a ter no sector cultural, onde se están a cancelar a meirande parte das actividades programadas neste tempo. Así foi como naceu o SALÓN VIRTUAL, que aínda podedes visitar premendo no seguinte enlace:


O resultado foron máis de 100 publicacións nas redes sociais, que inclúen obradoiros, xogos, contacontos, exposicións virtuais, actuacións,... Atoparedes enlaces a todas elas a través do enlace anterior.

Nesta entrada gustaríanos destacar algunhas propostas, que vos poden resultar útiles nas vosas casas: 


Neste  obradoiro, impartido por Anxo Fariña, aprenderedes a relaxarvos e a entender as vosas emocións e pensamentos a través de técnicas de Mindfulness e respiración, é un obradoiro que podedes levar a cabo xuntos, nenos e adultos.
Tamén se ensinan algúns materiais útiles para axudar aos nenos a calmarse a relaxarse, por exemplo, cando teñen problemas para conciliar o sono.


Este obradoiro creativo foi impartido polo ilustrador Kiko da Silva, coñecido polas súas publicacións de viñetas para El Correo Gallego e por ser o fundador da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia "O GARAXE HERMÉTICO". O obradoiro consta de dúas partes, que podedes ver na canle de Youtube do Salón do libro:
PARTE 1
PARTE 2


Neste obradoiro coñeceredes parte da historia do cómic ou Banda Deseñada e ademais de iniciarvos no coñecemento desta arte, gozaredes con Fiz, o neno máis porco do mundo que, desta vez, ten moitas cousas que ensinarnos sobre as historietas e viñetas.


Neste obradoiro aprenderedes a facer un retrato de conto a través do fisionotrazo que é un invento fantástico que xurdiu alá polo século XVIII para facer retratos.


Neste obradoiro aprenderedes a facer unha Pimbóla ou Pinball con cartón e outro material de refugallo. A Pimbóla foi un popular xogo durante moitos anos. Atopámola en versión electrónica ou mecánica e de seguro que os vosos familiares poden falarvos dela.


Gustaríavos que os vosos contos cobren movemento? Neste obradoiro aprenderedes a facer flipbooks ou libros en movemento, poñendo en práctica unha das técnicas máis antigas da animación. Tan só necesitades un caderno que teñades pola casa ou dunha cartolina, ademais dun lápiz e rotulador negro para facer os debuxos.


Esperamos que vos gusten as propostas seleccionadas en non dubidedes en darvos un paseo polo SALÓN VIRTUAL, onde descubriredes moitas outras propostas divertidas!

luns, 4 de maio de 2020

A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO 2020

Hoxe ensinámosvos unha proposta de actividade que podedes realizar estes días: facer a vosa cápsula do tempo.
Unha cápsula ou caixa do tempo é un recipiente hermético que ten a fin de gardar mensaxes e obxectos do presente para ser atopados por xeracións futuras. A expresión "cápsula do tempo" utilízase dende 1937, aínda que  a idea é tan antiga como os primeiros asentamentos humanos en Mesopotamia.
Hoxe en día, o concepto de cápsula do tempo estase popularizando e en Internet podemos atopar cápsulas do tempo en distintos formatos: dixital (como poden ser fotografías), audios, textos ou vídeos.
Dende a páxina de Materiales Educativos, Nanelly Rivera creou e compartiu este material que vos axudará a facer unha cápsula do tempo do momento tan especial no que vivimos. Esta cápsula do tempo está en formato *.pdf e podedes imprimila e  enchela coas vosas experiencias, fotos, emocións vividas, anécdotas... E por suposto, tamén podedes incluír cousas que non aparecen na plantilla ou animarvos a facer unha cápsula noutros formatos, a creatividade non ten límites.

 Así, cando o confinamento remate, poderedes recordar o que vivíchedes durante este tempo e ensinarllo a todos os vosos amigos e amigas.




Podedes descargar o documento no seguinte enlace:
CÁPSULA DO TEMPO 2020

Se ademais vos gustan as manualidades, aquí podedes ver un tutorial para facer unha cápsula onde gardar os recordos, podedes adaptar os materiais e en vez de foam ou goma eva, utilizar material de refugallo que teñades por casa.

xoves, 23 de abril de 2020

PROPOSTAS DE ILUSTRADORES PARA O TEMPO DE LECER II

Continuamos dando visibilidade ás propostas de lecer creadas polos ilustradores e outros artistas que tanto se están implicando durante este tempo de confinamento:
Nuria Díaz é un ilustradora nacida en Vilagarcía de Arousa que se define a si mesma como silenciosa, curiosa e observadora. Estudou  a licenciatura de Belas Artes na Universidade de Vigo e máis tarde especializouse cursando un Máster en Arte e Comunicación.
Nun principio, Nuria encamiñou a súa carreira cara ao deseño gráfico, ámbito no que traballou durante bastante tempo. Na actualidade dedícase por completo á ilustración, tanto no ámbito editorial coma no publicitario.
Nuria é unha artista prolífica e entre as publicacións ilustradas por Nuria, atopamos varios títulos de Ed. Xerais e máis recentemente un libro homenaxe ao cineasta Wes Anderson da Editorial Lunwerg.
Nas redes sociais podedes atopala como NuriaDiaz e tamén podedes visitar a súa galería e portafolio no seguinte enlade: PORTAFOLIO.
Durante estes días, Nuria compartiu con todos nós unha versión en diorama do Gran Hotel e tamén varias das súas imaxes para colorear.

martes, 31 de marzo de 2020

ROSA CONTRA O VIRUS E OUTROS RECURSOS

A continuación ímosvos presentar algúns recursos que poden axudarlles aos vosos fillos/as a comprender o que está ocorrendo:

Rosa contra el virus é un conto para explicarlles aos nenos e nenas o Coronavirus e outros posibles virus, publicado polo Colegio Oficial de la Psicología de Madrid. Este colexio, respondendo á necesidade e demanda social, está levando a cabo unha serie de iniciativas orientadas a promover un afrontamento axeitado fronte ao brote de coronavirus (Covid-19).


A través deste conto, podemos explicarlles aos nenos que é o coronavirus e axudarlles a entender esta situación de Emerxencia Sanitaria que nos tocou vivir, así como a necesidade de quedar na casa para protexernos a tod@s.
Podedes descargalo en *.PDF premendo no seguinte enlace:

ROSA CONTRA EL VIRUS


Outro recurso interesante é o conto Mi casa es un castillo- Rutinas para nenos e nenas que no pueden salir de casa. Este conto foi creado pola psicóloga Itziar Fernández Cortés e a ilustradora Lorena Zamora, coa colaboración de Hilo Ediciones, co fin de axudar ás familias a establecer unha serie de rutinas saudables  para os nenos e nenas, desde un punto de vista lúdico. 

Podedes descargar o conto en *.PDF premendo no seguinte enlace:
MI CASA ES UN CASTILLO


Gustaríanos agradecer a todas as entidades e autores e autoras que están colaborando coa publicación destes materiais a que afrontemos esta situación da mellor forma posible.
MOITAS GRAZAS POLO VOSO ESFORZO E XENEROSIDADE!

venres, 27 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ILUSTRADORES PARA O TEMPO DE LECER

A Educación Artística contribúe ao desenvolvemento cultural e cognitivo das persoas e ten moitas vantaxes, xa que a través da expresión artística podemos canalizar as emocións, mellorar a motricidade, fortalecer a autoestima e axudar á nosa saúde mental, entre outros,...

Nos últimos días son múltiples as propostas que diferentes artistas están promovendo a través das súas redes sociais para axudarnos a facer máis agradables estes momentos. Ao igual que eles son xenerosos con nós, é un bo momento para dar a coñecer todo o talento creativo que nos rodea, por iso imos a presentarvos as propostas dalgúns deles.
Alba EIO é unha deseñadora e ilustradora empática e detallista que reside en Granada. Encántalle a ilustración infantil e estudou Belas Artes na Universidade de Granada, onde descubriu que se pode traballar como ilustradora de libros.  Este descubrimento plantou unha semente no seu corazón e pouco despois especializouse en ilustración infantil, cursando un Máster sobre álbum ilustrado na Universidade de Vigo. Tras rematar os seus estudos, comezou a súa vida laboral e estivo case 6 anos ilustrando contos interactivos para móbiles e máis tarde videoxogos. Nos últimos anos está a levar a cabo un proxecto propio como artista freelance, que podedes seguir nas redes: latiendaeio
Durante este tempo de corentena, Alba comparte directos en Instagram nos que podemos ver como traballa e ilustra no seu estudo e mesmo interactuar con ela. E como lle gusta axudar a que pasemos estes días da mellor forma posible, tamén compartiu estes deseños para que os máis pequenos e os maiores tamén, poidamos colorear as súas creacións e darlles vida.
Juanjo Jiménez González é un ilustrador nacido en Málaga. Juanjo, desde que era moi pequeno sentiuse atraído pola ilustración e animación. Ademais, encántanlle os animais, sobre todo os dinosauros, polo que é habitual que aparezan nas súas ilustracións. Estudou un Máster de ilustración e animación na Universidade de Vigo.
Entre os seus traballos atópanse as ilustracións dos seguintes libros:
Nas redes sociais atoparédelo como Juanjotage e no seguinte enlace podedes visitar o seu PORTAFOLIO.
Durante este tempo de corentena, Juanjo compartiu estas fermosas ilustracións para que os máis pequenos gocen dando vida ás súas criaturas do triásico. Podedes descargalas premendo no seguinte enlace.