martes, 31 de marzo de 2020

ROSA CONTRA O VIRUS E OUTROS RECURSOS

A continuación ímosvos presentar algúns recursos que poden axudarlles aos vosos fillos/as a comprender o que está ocorrendo:

Rosa contra el virus é un conto para explicarlles aos nenos e nenas o Coronavirus e outros posibles virus, publicado polo Colegio Oficial de la Psicología de Madrid. Este colexio, respondendo á necesidade e demanda social, está levando a cabo unha serie de iniciativas orientadas a promover un afrontamento axeitado fronte ao brote de coronavirus (Covid-19).


A través deste conto, podemos explicarlles aos nenos que é o coronavirus e axudarlles a entender esta situación de Emerxencia Sanitaria que nos tocou vivir, así como a necesidade de quedar na casa para protexernos a tod@s.
Podedes descargalo en *.PDF premendo no seguinte enlace:

ROSA CONTRA EL VIRUS


Outro recurso interesante é o conto Mi casa es un castillo- Rutinas para nenos e nenas que no pueden salir de casa. Este conto foi creado pola psicóloga Itziar Fernández Cortés e a ilustradora Lorena Zamora, coa colaboración de Hilo Ediciones, co fin de axudar ás familias a establecer unha serie de rutinas saudables  para os nenos e nenas, desde un punto de vista lúdico. 

Podedes descargar o conto en *.PDF premendo no seguinte enlace:
MI CASA ES UN CASTILLO


Gustaríanos agradecer a todas as entidades e autores e autoras que están colaborando coa publicación destes materiais a que afrontemos esta situación da mellor forma posible.
MOITAS GRAZAS POLO VOSO ESFORZO E XENEROSIDADE!