Un sinfón é un grupo consonántico que aparece dentro da mesma sílaba coas dúas consonantes seguidas. Por exemplo br- en brazo, gl- en globo ou tr- en tres.
É moi habitual que os nenos ou nenas con dificultades de articulación ou dislalias presenten problemas neste tipo de sons, xa que son máis complexos, e nunha evolución normal, os últimos en ser pronunciados correctamente.
Cando o mestre ou mestra de AL traballa cun alumno/a que ten dificultades para articular correctamente este tipo de sons emprega a técnica de engadir unha vogal entre as dúas consonantes, de tal xeito que quedaría así: consonante + vogal + consonante + vogal. É dicir, eliminamos o sinfón e convertémolo nunha sílaba directa. Desta forma, por exemplo para dicir "fra" quedaría "fará" ou para dicir "blo" quedaría "boló". Evidentemente, se a sílaba trabada que imos pronunciar ten o fonema "l" ou "r" previamente o neno ou nena debe saber articulalos. A partir de aquí o que faremos serán exercicios de repetición dos devanditos grupos de sílabas, todo o rápido que podamos, para que a vogal intrusa pase desapercibida. Cando vaia collendo práctica, ao repetirllo nós, podemos omitir a vogal pronunciando as dúas consonantes lentamente para que o neno ou nena sexa capaz de discriminar ambas. É recomendable antes de facer isto traballar un ratiño fronte ao espello a realización de praxias bucais (consultar a entrada de praxias).
A continuación presentamos unha serie de recursos para traballar este tipo de sílabas:
VÍDEOS PARA ACADAR A PRONUNCIACIÓN DOS GRUPOS CONSONÁNTICOS
SESIÓN DE TERAPIA CUN NENO
PRACTICA PALABRAS CON SINFÓNS
COLECCIÓN DE FICHAS
XOGOS
TRABALINGUAS
LECTURAS
CANCIÓNS