Amosando publicacións coa etiqueta Xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2020

PROPOSTAS EDUCATIVAS DO SALÓN VIRTUAL DE PONTEVEDRA

Este ano o Salón do Libro de Pontevedra tivo que ser suspendido con motivo da crise sanitaria do coronavirus. Pero a organización tentou atopar unha solución que permitira, por unha parte, facer máis levadeira a situación actual á cativada confinada e por outra, paliar na medida do posible o impacto que está a ter no sector cultural, onde se están a cancelar a meirande parte das actividades programadas neste tempo. Así foi como naceu o SALÓN VIRTUAL, que aínda podedes visitar premendo no seguinte enlace:


O resultado foron máis de 100 publicacións nas redes sociais, que inclúen obradoiros, xogos, contacontos, exposicións virtuais, actuacións,... Atoparedes enlaces a todas elas a través do enlace anterior.

Nesta entrada gustaríanos destacar algunhas propostas, que vos poden resultar útiles nas vosas casas: 


Neste  obradoiro, impartido por Anxo Fariña, aprenderedes a relaxarvos e a entender as vosas emocións e pensamentos a través de técnicas de Mindfulness e respiración, é un obradoiro que podedes levar a cabo xuntos, nenos e adultos.
Tamén se ensinan algúns materiais útiles para axudar aos nenos a calmarse a relaxarse, por exemplo, cando teñen problemas para conciliar o sono.


Este obradoiro creativo foi impartido polo ilustrador Kiko da Silva, coñecido polas súas publicacións de viñetas para El Correo Gallego e por ser o fundador da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia "O GARAXE HERMÉTICO". O obradoiro consta de dúas partes, que podedes ver na canle de Youtube do Salón do libro:
PARTE 1
PARTE 2


Neste obradoiro coñeceredes parte da historia do cómic ou Banda Deseñada e ademais de iniciarvos no coñecemento desta arte, gozaredes con Fiz, o neno máis porco do mundo que, desta vez, ten moitas cousas que ensinarnos sobre as historietas e viñetas.


Neste obradoiro aprenderedes a facer un retrato de conto a través do fisionotrazo que é un invento fantástico que xurdiu alá polo século XVIII para facer retratos.


Neste obradoiro aprenderedes a facer unha Pimbóla ou Pinball con cartón e outro material de refugallo. A Pimbóla foi un popular xogo durante moitos anos. Atopámola en versión electrónica ou mecánica e de seguro que os vosos familiares poden falarvos dela.


Gustaríavos que os vosos contos cobren movemento? Neste obradoiro aprenderedes a facer flipbooks ou libros en movemento, poñendo en práctica unha das técnicas máis antigas da animación. Tan só necesitades un caderno que teñades pola casa ou dunha cartolina, ademais dun lápiz e rotulador negro para facer os debuxos.


Esperamos que vos gusten as propostas seleccionadas en non dubidedes en darvos un paseo polo SALÓN VIRTUAL, onde descubriredes moitas outras propostas divertidas!

martes, 12 de maio de 2020

APRENDIZAXE BASEADA NO XOGO

Esta semana comezamos falando da Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABJ ou GBL Game Based Learning).  Esta metodoloxía pon énfase na motivación e convirte aos alumnos/as en verdadeiros protagonistas do proceso de aprendizaxe.



Nesta entrada propoñémosvos algúns xogos cos que podedes traballar diferentes destrezas e habilidades que están implicadas directamente no proceso de aprendizaxe.

Recollemos as propostas a continuación:


Con este xogo traballaremos a destreza visual, as nocións espaciais, a  atención, a concentración e a lóxica.

Podedes xogar con el de forma virtual en: TETRIS - EL PAÍS DE LOS JUEGOS

Ou se preferides facelo de forma manipulativa, podedes imprimir a proposta deseñada por "El bolsillo de mi babi".

Palabrea é un xogo de cartas co que traballaredes habilidades lingüísticas como a conciencia fonolóxicaa fluidez verbal; tamén traballaredes a visopercepción, a velocidade de procesamento e a memoria de traballo.

Premendo na foto, podedes descargar unha versión do xogo gratuita en PDF para imprimir, e así podedes probalo nas vosas casas e valorar se merece a pena facerse con el.


No seguinte vídeo aprenderedes as regras do xogo, pero se vos esforzades en aprendelas vos mesmos, tamén melloraredes as funcións executivas:

Na páxina de Ludilo coñeceredes moitos outros xogos de mesa divertidos para xogar en familia, cos que disfrutaredes pequenos e maiores.


Ikonikus é un xogo no que cada carta representa unha emoción e a empatía xoga un papel clave, xa que os xogadores deben tratar de adivinar o que sentiría o resto en diferentes situacións. Xogar coas emocións nunca foi tan divertido.

Premendo na seguinte imaxe podedes descargar unha versión imprimible do xogo.


A continuación veredes un videotitorial explicando as regras de Ikonikus:

Tamén podedes aproveitar  este tempo para gozar de xogos clásicos que teñades na casa como o Parchís, a Oca, etc. A vantaxe que teñen os xogos clásicos é que a  maioría dos nenos/as xa coñecen as normas do xogo tradicional e estas poden ser adaptadas para traballar contidos educativos, ademais das habilidades que xa se traballan participando nos propios xogos de mesa.

Premendo na seguinte imaxe, podedes descargar un taboleiro para imprimir do Parchís.

Ademais, podedes acceder a esta versión interactiva do Parchís coa que traballaredes e repasaredes as regras ortográficas.
Por último gustaríanos presentar este xogo pensado por EL MAESTRO MANU para o tempo de confinamento. “ConfinaJuego” é un xogo denominado "print and play": por iso tedes que imprimir o arquivo, colorealo e montalo, desta forma non só disfrutaredes do tempo de xogo, senón que tamén melloraredes a psicomotricidade fina e desenvolveredes a creatividade.

Premendo na seguinte imaxe, hai un enlace onde podedes descargalo:



Podedes descargar as súas instrucións  no seguinte enlace: INSTRUCIÓNS

E ata aquí as recomendacións de hoxe, esperamos que vos gusten e que pasedes un intre divertido á vez que mellorades as vosas habilidades.



venres, 8 de maio de 2020

PENSAMENTO LATERAL

Hoxe gustaríanos falarvos de pensamento lateral.

O pensamento lateral é un concepto ao que fixo referencia o psicólogo Edward de Bono en 1967. Edward acuñou tamén o concepto de pensamento vertical, que é aquel tipo de pensamento que utilizamos normalmente para resolver problemas, a través do método lóxico tradicional. 

O pensamento lateral é un método de pensamento que pode ser empregado como unha técnica para a resolución de problemas de maneira imaxinativa. Para desenvolver e exercitar o pensamento lateral, é fundamental aprender a analizar os problemas desde múltiples puntos de vista.
Cuál es la diferencia entre un sombrero y una boa que se comió a ...
Imaxe extraída de "El Principito" (Le petit Prince) de Antoine de Saint-Exupéry


No seguinte vídeo podedes aprender máis sobre o pensamento lateral e as diferencias que hai respecto do pensamento vertical.

Algúns exemplos clásicos de pensamento lateral son:
  • Algúns meses teñen 31 días, outros so 30. Cantos teñen 28 días?
  • Cal é o animal que ten os pes na cabeza? 
  • Canta terra hai  nun burato de un metro de longo por un metro de ancho e un metro de profundidade? (Atoparedes as respostas ao final do focumento)

A continuación propoñémosvos algúns exercicios para desenvolver o pensamento lateral e pasar un rato divertido:

EXERCICIO 1: Que símbolo matemático porías nos números 2 e 3 para conseguir un número maior que 2 e máis pequeno que 3?

Mayor que dos y menor que 3
EXERCICIO 2: Un prisioneiro quere escapar do cárcere e, milagrosamente, consegue unha corda que mide 20 metros. Está feliz por conseguir a corda, pero hai un problema no seu plan de escapada, xa que a xanela pola que pretende saír está a 40 metros do chan. Se baixa pola corda que só mide 20, o máis probable é que non supere o salto dos seguintes 20 metros.



Parecéronvos moi difíciles de resolver?

Pois se queredes seguir co reto, podedes resolver moitos outros a través dos seguinte vídeo:


Respostas:
- Todos
- Un piollo
- É un burato, non ten terra.



luns, 4 de maio de 2020

A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO 2020

Hoxe ensinámosvos unha proposta de actividade que podedes realizar estes días: facer a vosa cápsula do tempo.
Unha cápsula ou caixa do tempo é un recipiente hermético que ten a fin de gardar mensaxes e obxectos do presente para ser atopados por xeracións futuras. A expresión "cápsula do tempo" utilízase dende 1937, aínda que  a idea é tan antiga como os primeiros asentamentos humanos en Mesopotamia.
Hoxe en día, o concepto de cápsula do tempo estase popularizando e en Internet podemos atopar cápsulas do tempo en distintos formatos: dixital (como poden ser fotografías), audios, textos ou vídeos.
Dende a páxina de Materiales Educativos, Nanelly Rivera creou e compartiu este material que vos axudará a facer unha cápsula do tempo do momento tan especial no que vivimos. Esta cápsula do tempo está en formato *.pdf e podedes imprimila e  enchela coas vosas experiencias, fotos, emocións vividas, anécdotas... E por suposto, tamén podedes incluír cousas que non aparecen na plantilla ou animarvos a facer unha cápsula noutros formatos, a creatividade non ten límites.

 Así, cando o confinamento remate, poderedes recordar o que vivíchedes durante este tempo e ensinarllo a todos os vosos amigos e amigas.




Podedes descargar o documento no seguinte enlace:
CÁPSULA DO TEMPO 2020

Se ademais vos gustan as manualidades, aquí podedes ver un tutorial para facer unha cápsula onde gardar os recordos, podedes adaptar os materiais e en vez de foam ou goma eva, utilizar material de refugallo que teñades por casa.

sábado, 7 de abril de 2012

TESTEANDO: O trivial educativo para colexios


Testeando é o xogo educativo pensado para estudiantes con miles de preguntas tipo trivial. O xogo presenta distintas preguntas clasificadas en distintos niveis e materias.

domingo, 29 de maio de 2011

XOGO DE ATENCIÓN E MEMORIA


Un novo xogo de VEDOQUE para fomentar a atención e a memoria.
"Uns personaxes moi especiais retaron a "Montojo". Cada vez tendrá que atopar un diferente. Queres axudarlle?

mércores, 8 de decembro de 2010

O SEGREDO DA CASA ENCANTADA


Conxunto de xogos: colorea, voces de personaxes, un  problema na biblioteca, un fallo no ordenador, érase unha vez...

XOGA COAS PALABRAS


Conxunto de xogos interactivos: xogos de memoria, quebracabezas, o aforcado...

XOGA E APRENDE


Actividades interactivas para aprender xogando.