Amosando publicacións coa etiqueta Autismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autismo. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de abril de 2020

DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


Seguramente algúns non sabiades que hoxe día 2 de abril se celebra o día mundial da concienciación sobre o autismo. No ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU), preocupada pola prevalencia do autismo en todas as rexións do mundo, declarou por unanimidade o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Para axudar a darlle visibilidade a este trastorno na nosa sociedade, propoñémosvos unirvos a esta proposta simbólica coa que podedes colaborar sen necesidade de saír das vosas casas.

Ademais, gustaríanos recomendarvos a familias e compañeiros/as a lectura dun libro, para cando teñades un ratiño de relax. 


El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon é unha novela que non se parece a ningunha outra. Peculiar pola forma na que está narrada, esta novela recibiu múltiples premios coma o premio Whitbread e o premio Commonwealth ao primeiro libro do autor.
Na novela, o seu protagonista chámase Christopher. Christopher coñece as capitais e todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e adora as listas, os esquemas e a verdade, máis ten dificultades para relacionarse con outras persoas. A través da súa mirada resolveremos un misterio.

E vos coma lectores podedes axudarlle a resolvelo, para poder facelo, necesitades premer no anterior enlace ou na imaxe da portada que se atopa a continuación.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!


luns, 30 de marzo de 2020

CÓMO AFRONTAR O ILLAMENTO CON MENORES CON DISCAPACIDADE E TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO

A Fundación Luchadores Ava é unha organización sen ánimo de lucro que naceu para asesorar e axudar ás persoas con trastornos neurolóxicos. Estes días publicou na súa páxina web unha guía para axudar ás familias a afrontar o illamento na casa con menores con discapacidade e trastornos do desenvolvemento.


Os nenos que padecen un trastorno do desenvolvemento necesitan un apoio incondicional para poder adaptarse a estos cambios repentinos. Eles afróntanse agora a un desafío relacionado coa comprensión e coa comunicación. Todo isto pode desembocar en estados de estrés, ansiedade ou depresión, que poden ir agravándose co paso dos días.

Nesta guía preséntanse algúns consellos e ideas prácticas para as familias de nenos e nenas con discapacidade e trastornos do desenvolvemento, para poder apoiarse neles e sobrelevar mellor a situación. Non obstante, na mesma hai moitos consellos que poden ser útiles para todas as familias.

Podedes descargala a través do seguinte enlace:

domingo, 29 de marzo de 2020

ABC FONÉTICO




ABC FONÉTICO

ABC FONÉTICO trátase dunha aplicación multimedia deseñada por Lucía Fernández para traballar a ruta fonolóxica. Permite tanto o adestramento como a realización das actividades. Todas elas acompáñanse de apoios visuais e auditivos con sistema de autocorrección ao finalizar cada unha. Descárgase o executable e non necesita instalación.

Na seguinte imaxe podemos ver o menú da aplicación.


DESTINATARIOS:

Educación Infantil. Ensino do Español - Inmigrantes. Educación Especial - Audición e Linguaxe. Alumnado con Discapacidade Auditiva (desmutización). Alumnado con Trastorno Específico da Linguaxe. Dislalias e outras alteracións do fala. Dificultades en lectoescritura. Descargar Guía de uso.


Guía de uso

MATERIAL COMPLEMENTARIO:

Abecedario fonético



Bingo asociación fonema - imaxe



xoves, 26 de marzo de 2020

ACCESO LIBRE A ESPACIO ONDA EDUCA PARA FAMILIAS E PROFESIONAIS




PLATAFORMA ONLINE ONDA EDUCA TOTALMENTE GRATUITA

 ONDA EDUCA sensibilizada pola situación actual provocada por COVID19, de peche de colexios e empresas, quere poñer o seu pequeno gran de area, facilitando que todas aquelas familias e profesionais que necesiten traballar con programas de rehabilitación e estimulación da linguaxe e a audición, poidan seguir facéndoo de forma totalmente GRATUÍTA e ACCESIBLE, poñendo á súa disposición a nosa plataforma online Espacio Onda.

Acceda a TODOS os programas de ONDA EDUCA
Prema na imaxe
ACCESO LIBRE A FAMILIAS Y PROFESIONALES DURANTE EL PERIODO DE SUSPENSIÓN DE  ACTIVIDAD EN COLEGIOS Y EMPRESAS Para que su educación NO PARE!

martes, 10 de abril de 2012

PUBLICACIÓNS

   Tecnoneet: Tecnoloxías de apoio en contextos de diversidad educativa social e persoal (Región de Murcia) presentanos unha serie de publicacións sobre a utilización das novas tecnoloxías co alumnado de nee:
  • "25 años de integración en España: Tecnología e inclusión en el ámbito educativo, laboral y comunitario"
  • "La igualdad de oportunidades en el mundo digital"
  • "La integración curricular de las tecnologías de ayuda en contextos escolares"
  • "Las tecnologías en la Escuela Inclusiva: nuevos escenarios, nuevas oporunidades"
  • "Tecnologías de Ayuda en Personas con Trastorno Autista: Guía para Docentes"
  • "Tecnología. Educación y Diversidad: Retos y Realidades de la Inclusión Digital"
  • "Las Nuevas Tecnologías en la respuesta educativa a la diversidad"
  • "Nuevas Tecnologías, Viejas Esperanzas: las nuevas tecnologías en el ámbito de la discapacidad y las necesidades especiales"
Todas estas publicacións pódense descargar premendo na imaxe
aquí

venres, 23 de marzo de 2012

ORIENTACIÓN EN LA RED

Bitácora dixital de orientación educativa.
Recompilación de entradas sobre orientación publicados en distintos blogues e páxinas web.

sábado, 2 de abril de 2011

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Neste día mundial do autismo queremos facer unha unha pequena homenaxe:
A vós que tanto nos ensinais,
para que todos os días nós poidamos dicir
que os vemos, os coñecemos e os queremos
Deixade que en abril tamén nos lembremos de vós




sábado, 8 de xaneiro de 2011

A VIAXE DE MARÍA

Este vídeo foi producido pola Fundación Orange dentro do seu traballo para estender o coñecemento e traer á sociedade o autismo. A viaxe de María é unha animación curtametraxe do artista Miguel Gallardo, o pai dunha filla con autismo, é unha viaxe curta co mundo interior dunha adolescente con autismo, unha viaxe chea de cor, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no camiño dos pais que ven como a súa filla se comporta dun xeito especial ata confirmar o seu diagnóstico: AUTISMO.
 

 
Estupendo vídeo explicativo das características do autismo. Moi bo.

luns, 6 de decembro de 2010

MATERIAIS IMPRIMIBLES


Recompilando pola rede atopados unha serie de materiais imprimibles moi axeitados para traballar o autismo.
Premer na imaxe para acceder.
Máis materiais

CONTO: QUE SUSTO!

Que susto! Conto en spc, recomendado par nenos e nenas autistas.

mércores, 24 de novembro de 2010

PICTOGRAMAS

Conxunto de pictogramas para traballar co alumnado autista clasificados en bloques. Son arquivos comprimidos de imaxes e algúns tardan en descargar.
- Accións
- Adxectivos
- Adverbios
- Animais
- Artigos e pronomes
- Casa
- Colexio
- Comida                                  - Cores                                
- Contos                                   - Corpo                            
- Deporte                                 - Dimensións                      
- Euros                                     - Formas xeométricas         
- Habilidades sociais                 - Letras                              
- Mediciña                                - Música 
- Natureza                                - NEE                                
- Nomes                                   - Números                          
- Obxectos                               - Países, bandeiras              
- Persoas                                  - Preposicións                     
- Profesións                              - Relixión                            
- Roupa                                    - Rúa                                  
- Signos                                    - Tecnoloxía                        
- Transportes                            - Xogos

mércores, 10 de novembro de 2010

DOCUMENTOS PARA O AUTISMO



Páxina de recompilación de enlaces sobre o trastorno de espectro autista (TEA): documentos, enlaces a web...

domingo, 7 de novembro de 2010

LIBROS SOBRE EL AUTISMO



"LAS EMOCIONES PASO A PASO" é un libro para traballar as emocións, especialmente recomendado para nenos e nenas autistas.


"EL LIBRO DEL JUEGO": nel podemos atopar todos os exercicios seguidos con Erik, un neno autista para logar a súa interacción, atención compartida, xogo simbólico, habilidades sociais...






"TEORÍA DE LA MENTE" :
Todo sobre "La teoría de la Mente": material e fichas

                                                                                   "PRISIONEROS"
O libro fai unha introducción ao autismo, definicións e diagnósticos relacionados relacionados col autismo, as enfermidades relacionadas, o comportamento autista, descrición do autismo, alteracións sociais do autismo...

MANEXO DA RABIETAS

Presentamos dúas páxinas con consellos para actuar ante as rabietas, pataletas, berrinches... dos nenos, e en especial dos nenos autistas:

SISTEMA PICTOGRÁFICO DE COMUNICACIÓN (SPC)

O sistema pictográfico de comunicación, un sistema para axudar á comunicación.

Estas dúas páxinas presentan información sobre o sistema pictográfico:
- Material didáctico de apoyo al (SPC)
- Soportes para utilizar o SPC

TABOLEIRO DE ACTIVIDADES E CALENDARIOS

Páxina para elaborar un taboleiro de actividades semanais con pictogramas. Pódese imprimir.
Máis material para elaborar CALENDARIOS:

PICTOGRAMAS PARA ALUMNADO AUTISTA

Conxunto de pictogramas variados para traballar a comunicación no alumnado autista:
- 112 Imaxes de accións
- Imaxes de accións (II)
- Imaxes de accións (III)
- Álbum picassa de accións
- Power Point con accións
- Páxina con pictogramas
- Dominó de accións
- Fai parellas
- Fichas para traballar a sorpresa

PICTOGRAMAS DA CONDUCTA



Pictogramas para traballar a conducta: ben feito, mal feito...