Amosando publicacións coa etiqueta Autonomía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autonomía. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de decembro de 2016

Ensinando os nenos e nenas a ser independentes



A  independencia de nen@s  trabállase dende edades temperás. Conviña unha actitude menos protectora da familia....


prema  en Orientación  Ándújar

venres, 22 de abril de 2011

NAVEGA SEGURO POLA INTERNET

ESTÁS SEGUR@ DE QUE SABES NAVEGAR POLA INTERNET?
A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche.
Preme na imaxe e accederás a toda a información.

luns, 14 de marzo de 2011

19 DE MARZO, DÍA DO PAI

Dada a proximidade da celebración do día do pai, comezamos a semana facendo unha conmemoración a todos nosos pais.
A maioría dos países contan no seu calendario cun día de recoñecemento á figura do pai, implicado na educación dos seus fillos, cos que comparte non so lecer, senón preocupacións, anhelos, perdas e ilusións.
Durante esta semana imos ir recomendando cada día un libro no que a figura do pai como coeducador dos fillos xoga un papel moi importante.
O libro de hoxe é O TREN  de Silvia Santirosi & Chiara Carrer (editorial OQO).
En O tren, a pequena protagonista debe facer fronte á terrible perda da súa nai. O pai recorre a un relato para axudar a entender un feito tan doloroso como natural.
Como podo dicirche que as persoas que queremos morren, nos deixa e se van? Como podo dicirche que o amor e a alegría forman parte da vida igual que a dor e a tristeza? (...) Como podo dicirche todo isto, miña nena?

Entón cóntoche unha historia.....


martes, 22 de febreiro de 2011

A VISITA DOS DOMINGOS: un bo instrumento para axudar a superar os medos infantís

A visita dos domingos é un novo libro de Matteo Gubellini da editorial OQO que enxalza a importancia da implicación dos pais para potenciar e a imaxinación dos nenos, tan necesaria para a creatividade tanto de pequenos como de adultos.
O conto trata dun mostro que visita cada domingo ao protagonista pero que está presentado de tal xeito que inspira simpatía, complicidade e afecto o que converte a esta historia nun bo instrumento para axudar a superar os medos infantís.

"A xente ten medo dos nosos gruñidos, e só os máis valentes se atreven a achegarse. Pasamos horas xogando no parque. (…) Imos na procura de tesouros: facemos buratos na area, remexemos entre a herba… E sempre hai sorpresas!"

sábado, 23 de outubro de 2010