Amosando publicacións coa etiqueta Asperger. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asperger. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de marzo de 2020

CÓMO AFRONTAR O ILLAMENTO CON MENORES CON DISCAPACIDADE E TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO

A Fundación Luchadores Ava é unha organización sen ánimo de lucro que naceu para asesorar e axudar ás persoas con trastornos neurolóxicos. Estes días publicou na súa páxina web unha guía para axudar ás familias a afrontar o illamento na casa con menores con discapacidade e trastornos do desenvolvemento.


Os nenos que padecen un trastorno do desenvolvemento necesitan un apoio incondicional para poder adaptarse a estos cambios repentinos. Eles afróntanse agora a un desafío relacionado coa comprensión e coa comunicación. Todo isto pode desembocar en estados de estrés, ansiedade ou depresión, que poden ir agravándose co paso dos días.

Nesta guía preséntanse algúns consellos e ideas prácticas para as familias de nenos e nenas con discapacidade e trastornos do desenvolvemento, para poder apoiarse neles e sobrelevar mellor a situación. Non obstante, na mesma hai moitos consellos que poden ser útiles para todas as familias.

Podedes descargala a través do seguinte enlace:

martes, 10 de abril de 2012

PUBLICACIÓNS

   Tecnoneet: Tecnoloxías de apoio en contextos de diversidad educativa social e persoal (Región de Murcia) presentanos unha serie de publicacións sobre a utilización das novas tecnoloxías co alumnado de nee:
  • "25 años de integración en España: Tecnología e inclusión en el ámbito educativo, laboral y comunitario"
  • "La igualdad de oportunidades en el mundo digital"
  • "La integración curricular de las tecnologías de ayuda en contextos escolares"
  • "Las tecnologías en la Escuela Inclusiva: nuevos escenarios, nuevas oporunidades"
  • "Tecnologías de Ayuda en Personas con Trastorno Autista: Guía para Docentes"
  • "Tecnología. Educación y Diversidad: Retos y Realidades de la Inclusión Digital"
  • "Las Nuevas Tecnologías en la respuesta educativa a la diversidad"
  • "Nuevas Tecnologías, Viejas Esperanzas: las nuevas tecnologías en el ámbito de la discapacidad y las necesidades especiales"
Todas estas publicacións pódense descargar premendo na imaxe
aquí

venres, 23 de marzo de 2012

ORIENTACIÓN EN LA RED

Bitácora dixital de orientación educativa.
Recompilación de entradas sobre orientación publicados en distintos blogues e páxinas web.

mércores, 21 de setembro de 2011

"APRENDO A HACER HISTORIAS SOCIALES"

Os nenos e nenas con Síndrome de Asperger teñen dificultades para comprendernos. A familia dun alumno, Diego Montes, colabora co noso departamento de Orientación e envíanos unha forma de presentarlles as cousas que facilita a comprensión das nosas ordes e do mundo. Quen traballa con este alumnado pode darse conta de que por exemplo pode ser que non collan o lápiz sen que llo mandes e a razón a veces desborda a nosa comprensión. Son así e nosa obriga e entendelos para que nos entendan e podan aprender en igualdade co resto dos nenos e nenas.
Premer na imaxe para acceder ao documento.

sábado, 8 de xaneiro de 2011

ALTERACIÓNS DO DESENVOLVEMENTO

A Asociación para o Tratamento de Persoas con Alteracións do Desenvolvemento pon á nosa disposicións unha serie de folletos explicativos sobre diferentes transtornos do desenvolvemento.
           

domingo, 5 de decembro de 2010

BLOG SOBRE A SÍNDROME DE ASPERGER


Blog educativo sobre a síndrome de Asperger: información útil e práctica sobre esta síndrome a través de vídeos, artigos, enlaces a outros blogs...