Amosando publicacións coa etiqueta Competencias básicas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencias básicas. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2020

APRENDIZAXE BASEADA NO XOGO

Esta semana comezamos falando da Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABJ ou GBL Game Based Learning).  Esta metodoloxía pon énfase na motivación e convirte aos alumnos/as en verdadeiros protagonistas do proceso de aprendizaxe.



Nesta entrada propoñémosvos algúns xogos cos que podedes traballar diferentes destrezas e habilidades que están implicadas directamente no proceso de aprendizaxe.

Recollemos as propostas a continuación:


Con este xogo traballaremos a destreza visual, as nocións espaciais, a  atención, a concentración e a lóxica.

Podedes xogar con el de forma virtual en: TETRIS - EL PAÍS DE LOS JUEGOS

Ou se preferides facelo de forma manipulativa, podedes imprimir a proposta deseñada por "El bolsillo de mi babi".

Palabrea é un xogo de cartas co que traballaredes habilidades lingüísticas como a conciencia fonolóxicaa fluidez verbal; tamén traballaredes a visopercepción, a velocidade de procesamento e a memoria de traballo.

Premendo na foto, podedes descargar unha versión do xogo gratuita en PDF para imprimir, e así podedes probalo nas vosas casas e valorar se merece a pena facerse con el.


No seguinte vídeo aprenderedes as regras do xogo, pero se vos esforzades en aprendelas vos mesmos, tamén melloraredes as funcións executivas:

Na páxina de Ludilo coñeceredes moitos outros xogos de mesa divertidos para xogar en familia, cos que disfrutaredes pequenos e maiores.


Ikonikus é un xogo no que cada carta representa unha emoción e a empatía xoga un papel clave, xa que os xogadores deben tratar de adivinar o que sentiría o resto en diferentes situacións. Xogar coas emocións nunca foi tan divertido.

Premendo na seguinte imaxe podedes descargar unha versión imprimible do xogo.


A continuación veredes un videotitorial explicando as regras de Ikonikus:

Tamén podedes aproveitar  este tempo para gozar de xogos clásicos que teñades na casa como o Parchís, a Oca, etc. A vantaxe que teñen os xogos clásicos é que a  maioría dos nenos/as xa coñecen as normas do xogo tradicional e estas poden ser adaptadas para traballar contidos educativos, ademais das habilidades que xa se traballan participando nos propios xogos de mesa.

Premendo na seguinte imaxe, podedes descargar un taboleiro para imprimir do Parchís.

Ademais, podedes acceder a esta versión interactiva do Parchís coa que traballaredes e repasaredes as regras ortográficas.
Por último gustaríanos presentar este xogo pensado por EL MAESTRO MANU para o tempo de confinamento. “ConfinaJuego” é un xogo denominado "print and play": por iso tedes que imprimir o arquivo, colorealo e montalo, desta forma non só disfrutaredes do tempo de xogo, senón que tamén melloraredes a psicomotricidade fina e desenvolveredes a creatividade.

Premendo na seguinte imaxe, hai un enlace onde podedes descargalo:



Podedes descargar as súas instrucións  no seguinte enlace: INSTRUCIÓNS

E ata aquí as recomendacións de hoxe, esperamos que vos gusten e que pasedes un intre divertido á vez que mellorades as vosas habilidades.



venres, 8 de maio de 2020

PENSAMENTO LATERAL

Hoxe gustaríanos falarvos de pensamento lateral.

O pensamento lateral é un concepto ao que fixo referencia o psicólogo Edward de Bono en 1967. Edward acuñou tamén o concepto de pensamento vertical, que é aquel tipo de pensamento que utilizamos normalmente para resolver problemas, a través do método lóxico tradicional. 

O pensamento lateral é un método de pensamento que pode ser empregado como unha técnica para a resolución de problemas de maneira imaxinativa. Para desenvolver e exercitar o pensamento lateral, é fundamental aprender a analizar os problemas desde múltiples puntos de vista.
Cuál es la diferencia entre un sombrero y una boa que se comió a ...
Imaxe extraída de "El Principito" (Le petit Prince) de Antoine de Saint-Exupéry


No seguinte vídeo podedes aprender máis sobre o pensamento lateral e as diferencias que hai respecto do pensamento vertical.

Algúns exemplos clásicos de pensamento lateral son:
  • Algúns meses teñen 31 días, outros so 30. Cantos teñen 28 días?
  • Cal é o animal que ten os pes na cabeza? 
  • Canta terra hai  nun burato de un metro de longo por un metro de ancho e un metro de profundidade? (Atoparedes as respostas ao final do focumento)

A continuación propoñémosvos algúns exercicios para desenvolver o pensamento lateral e pasar un rato divertido:

EXERCICIO 1: Que símbolo matemático porías nos números 2 e 3 para conseguir un número maior que 2 e máis pequeno que 3?

Mayor que dos y menor que 3
EXERCICIO 2: Un prisioneiro quere escapar do cárcere e, milagrosamente, consegue unha corda que mide 20 metros. Está feliz por conseguir a corda, pero hai un problema no seu plan de escapada, xa que a xanela pola que pretende saír está a 40 metros do chan. Se baixa pola corda que só mide 20, o máis probable é que non supere o salto dos seguintes 20 metros.



Parecéronvos moi difíciles de resolver?

Pois se queredes seguir co reto, podedes resolver moitos outros a través dos seguinte vídeo:


Respostas:
- Todos
- Un piollo
- É un burato, non ten terra.



luns, 4 de maio de 2020

A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO 2020

Hoxe ensinámosvos unha proposta de actividade que podedes realizar estes días: facer a vosa cápsula do tempo.
Unha cápsula ou caixa do tempo é un recipiente hermético que ten a fin de gardar mensaxes e obxectos do presente para ser atopados por xeracións futuras. A expresión "cápsula do tempo" utilízase dende 1937, aínda que  a idea é tan antiga como os primeiros asentamentos humanos en Mesopotamia.
Hoxe en día, o concepto de cápsula do tempo estase popularizando e en Internet podemos atopar cápsulas do tempo en distintos formatos: dixital (como poden ser fotografías), audios, textos ou vídeos.
Dende a páxina de Materiales Educativos, Nanelly Rivera creou e compartiu este material que vos axudará a facer unha cápsula do tempo do momento tan especial no que vivimos. Esta cápsula do tempo está en formato *.pdf e podedes imprimila e  enchela coas vosas experiencias, fotos, emocións vividas, anécdotas... E por suposto, tamén podedes incluír cousas que non aparecen na plantilla ou animarvos a facer unha cápsula noutros formatos, a creatividade non ten límites.

 Así, cando o confinamento remate, poderedes recordar o que vivíchedes durante este tempo e ensinarllo a todos os vosos amigos e amigas.




Podedes descargar o documento no seguinte enlace:
CÁPSULA DO TEMPO 2020

Se ademais vos gustan as manualidades, aquí podedes ver un tutorial para facer unha cápsula onde gardar os recordos, podedes adaptar os materiais e en vez de foam ou goma eva, utilizar material de refugallo que teñades por casa.

xoves, 23 de abril de 2020

PROPOSTAS DE ILUSTRADORES PARA O TEMPO DE LECER II

Continuamos dando visibilidade ás propostas de lecer creadas polos ilustradores e outros artistas que tanto se están implicando durante este tempo de confinamento:
Nuria Díaz é un ilustradora nacida en Vilagarcía de Arousa que se define a si mesma como silenciosa, curiosa e observadora. Estudou  a licenciatura de Belas Artes na Universidade de Vigo e máis tarde especializouse cursando un Máster en Arte e Comunicación.
Nun principio, Nuria encamiñou a súa carreira cara ao deseño gráfico, ámbito no que traballou durante bastante tempo. Na actualidade dedícase por completo á ilustración, tanto no ámbito editorial coma no publicitario.
Nuria é unha artista prolífica e entre as publicacións ilustradas por Nuria, atopamos varios títulos de Ed. Xerais e máis recentemente un libro homenaxe ao cineasta Wes Anderson da Editorial Lunwerg.
Nas redes sociais podedes atopala como NuriaDiaz e tamén podedes visitar a súa galería e portafolio no seguinte enlade: PORTAFOLIO.
Durante estes días, Nuria compartiu con todos nós unha versión en diorama do Gran Hotel e tamén varias das súas imaxes para colorear.

venres, 27 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ILUSTRADORES PARA O TEMPO DE LECER

A Educación Artística contribúe ao desenvolvemento cultural e cognitivo das persoas e ten moitas vantaxes, xa que a través da expresión artística podemos canalizar as emocións, mellorar a motricidade, fortalecer a autoestima e axudar á nosa saúde mental, entre outros,...

Nos últimos días son múltiples as propostas que diferentes artistas están promovendo a través das súas redes sociais para axudarnos a facer máis agradables estes momentos. Ao igual que eles son xenerosos con nós, é un bo momento para dar a coñecer todo o talento creativo que nos rodea, por iso imos a presentarvos as propostas dalgúns deles.
Alba EIO é unha deseñadora e ilustradora empática e detallista que reside en Granada. Encántalle a ilustración infantil e estudou Belas Artes na Universidade de Granada, onde descubriu que se pode traballar como ilustradora de libros.  Este descubrimento plantou unha semente no seu corazón e pouco despois especializouse en ilustración infantil, cursando un Máster sobre álbum ilustrado na Universidade de Vigo. Tras rematar os seus estudos, comezou a súa vida laboral e estivo case 6 anos ilustrando contos interactivos para móbiles e máis tarde videoxogos. Nos últimos anos está a levar a cabo un proxecto propio como artista freelance, que podedes seguir nas redes: latiendaeio
Durante este tempo de corentena, Alba comparte directos en Instagram nos que podemos ver como traballa e ilustra no seu estudo e mesmo interactuar con ela. E como lle gusta axudar a que pasemos estes días da mellor forma posible, tamén compartiu estes deseños para que os máis pequenos e os maiores tamén, poidamos colorear as súas creacións e darlles vida.
Juanjo Jiménez González é un ilustrador nacido en Málaga. Juanjo, desde que era moi pequeno sentiuse atraído pola ilustración e animación. Ademais, encántanlle os animais, sobre todo os dinosauros, polo que é habitual que aparezan nas súas ilustracións. Estudou un Máster de ilustración e animación na Universidade de Vigo.
Entre os seus traballos atópanse as ilustracións dos seguintes libros:
Nas redes sociais atoparédelo como Juanjotage e no seguinte enlace podedes visitar o seu PORTAFOLIO.
Durante este tempo de corentena, Juanjo compartiu estas fermosas ilustracións para que os máis pequenos gocen dando vida ás súas criaturas do triásico. Podedes descargalas premendo no seguinte enlace.

mércores, 22 de abril de 2015

As intelixencias explicadas




prema na imaxe



Por qué unha persoa ten facilidade para escribir  e outraa ten para recoñecer as árbores?

Por qué hai quen goza escoitando as persoas contar contos e quen desfruta desarmando as cousas ou facendo coleccións de pedras...?


Pódes atopar eiquí a explicación . Prema na imaxe

mércores, 4 de marzo de 2015

 Se para Howard Gardner todos somos intelixentes...


http://youtu.be/WZQMo3kO4uM 
A escola ten  a obriga de descubrir e desenvolver as capacidades que cada persoa ten . Non tanto transmitir coñecementos coma adquirir habilidades que axuden  a pensar e capacitar ao alumnado para seguir aprendendo durante toda a vida.

Apostemos pola innovación a través da teoría da intelixencias múltiples. 
Javier Bahón, grazas pola luz!
Despois de escoitar a presentación , comparte as tuas reflexións con  unha compañeira ou compañeiro.

venres, 27 de febreiro de 2015

enriquecemento curricular


Falar de calidade en educación é falar de dar respostas adecuadas a diversidade. 
O enriquecemento curricular supón unha medida ordinaria para o noso alumnado de altas capacidades. Fomentando  o enriquecemento das aulas, todo o alumnado consigue un maior desenvolvemento das competencia básicas. 

Podemos atopar moitos recursos no CREENA (Centro de recursos de eduación especial de Navarra)

domingo, 4 de marzo de 2012

MATES CON MARTÍN Y MARTINA

Conxunto de actividades de Matemáticas con operacións de números decimais: suma, resta, multiplicación e división.
En castelán e en inglés.
3º Premio al Desarrollo de Contenidos Educativos Digitales de la Xunta de Galicia (2011) en la categoría de 3º ciclo de Primaria.

mércores, 8 de decembro de 2010

luns, 6 de decembro de 2010

PROBLEMAS DE MATEMÁTICAS


Lectura comprensiva de problemas de matemáticas. Trabállase a competencia lingüística para a resolución de problemas.
Para primeiros lectores.

AS COMPETENCIAS BÁSICAS E AS MATEMÁTICAS

 Actividades para desenvolver as competencias básicas na área de matemáticas distribuidas por ciclos.

COMPETENCIAS BÁSICAS NA AULA


Actividades temáticas por ciclos para traballar as competencias básicas na área de lingua castelá.

domingo, 5 de decembro de 2010

CONSTRUIR COMPETENCIAS DENDE A ESCOLA



Libro de Philippe Perrenoud sobre as competencias básicas: noción de competencias, programas escolares e competencias, consecuencias para o traballo do profesor son entre outros os temas tratados neste libro.