Amosando publicacións coa etiqueta NEE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NEE. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de novembro de 2021

xoves, 4 de novembro de 2021

RESPUESTA EDUCATIVA INCLUSIVA

 

 Premendo na imaxe accédese á páxina de Concha Barceló que contén cantidade de información e recursos para fomentar a inclusión do alumnado.

venres, 12 de xuño de 2020

A MAXIA DE DISNEY



GÚSTANCHE AS PELÍCULAS?

A continuación propoñemos dous xogos que son moi divertidos!

ESCOITA E ADIVIÑA

Neste xogo tedes que estar moi atentos e escoitar a banda sonora dalgunhas películas para adiviñar de cal se trata. Ao final de cada pregunta atoparedes a solución.

Lista: Mejores películas Disney


TRIVIAL DISNEY

Outro xogo que propoñemos e o TRIVIAL, pero neste caso de DISNEY. A través das preguntas descubriredes todo o que sabedes sobre as películas. Seguro que sodes auténticos expertos!


Trivial Disney #1 - ¡Atrévete con nuestro Friki Trivial! | DéjenseVer


Esperamos que vos gusten!!!!

xoves, 2 de abril de 2020

CANDO O NOSO FILLO OU FILLA TEN DIFICULTADES PARA PRONUNCIAR O FONEMA R


A continuación aparecen unha serie de exercicios recomendados que poden facerse na casa sempre e cando o neno ou nena teña ganas de facelos. Non se debe obrigar nin alongar demasiado no tempo xa que podemos conseguir o efecto contrario ao desexado. Debe converterse nun momento de xogo para que de xeito lúdico o neno/a traballe e consiga progresar.

  • Exercicios respiratorios e de sopro: apagar velas, utilizar un chifre, unha frauta, muíños de vento, etc.
ERAL_EJERCICIOS REPASO AUDICION Y LENGUAJE_Eugenia Romero
  • Traballar as praxias linguais: sacar a lingua, mover a punta hacia cada lado, arriba e abaixo. Podemos plantexar os exercicios a través de contos.


Trabaja las PRAXIAS de manera DIVERTIDA a través de los CUENTOS



PRAXIAS | Laura A Infantil | EducaMadrid

  • Practicar o fonema /R/. Nos seguintes enlaces podedes atopar actividades diversas para o fonema r vibrante múltiple, r vibrante simple, e trabadas con r e l.




  • Por último, hai unha serie de erros comúns que debemos evitar cando un neno ou nena ten un rotacismo. Expresións como "así non se di ou aprende a dicilo ben" deben ser substituidas por "xa o estás conseguindo, inténtao de novo, non escoitei o que dixeches, podes conseguilo!
ÁNIMO, NA CASA TAMÉN PODES AXUDAR AO TEU FILLO OU FILLA

martes, 31 de marzo de 2020

QUE PODO FACER CANDO O MEU FILLO OU FILLA NON PRONUNCIA BEN OS GRUPOS CONSONÁNTICOS?


Un sinfón é un grupo consonántico que aparece dentro da mesma sílaba coas dúas consonantes seguidas. Por exemplo br- en brazo, gl- en globo ou tr- en tres.

É moi habitual que os nenos ou nenas con dificultades de articulación ou dislalias presenten problemas neste tipo de sons, xa que son máis complexos, e nunha evolución normal, os últimos en ser pronunciados correctamente.

Cando o mestre ou mestra de AL traballa cun alumno/a que ten dificultades para articular correctamente este tipo de sons emprega a técnica de engadir unha vogal entre as dúas consonantes, de tal xeito que quedaría así: consonante + vogal + consonante + vogal. É dicir, eliminamos o sinfón e convertémolo nunha sílaba directa. Desta forma, por exemplo para dicir "fra" quedaría "fará" ou para dicir "blo" quedaría "boló". Evidentemente, se a sílaba trabada que imos pronunciar ten o fonema "l" ou "r" previamente o neno ou nena debe saber articulalos. A partir de aquí o que faremos serán exercicios de repetición dos devanditos grupos de sílabas, todo o rápido que podamos, para que a vogal intrusa pase desapercibida. Cando vaia collendo práctica, ao repetirllo nós, podemos omitir a vogal pronunciando as dúas consonantes lentamente para que o neno ou nena sexa capaz de discriminar ambas. É recomendable antes de facer isto traballar un ratiño fronte ao espello a realización de praxias bucais (consultar a entrada de praxias).

A continuación presentamos unha serie de recursos para traballar este tipo de sílabas:

VÍDEOS PARA ACADAR A PRONUNCIACIÓN DOS GRUPOS CONSONÁNTICOS

SESIÓN DE TERAPIA CUN NENO


Logo bits para pronunciar bien los sinfones - Infanity
No puedo pronunciar las sílabas trabadas | Ludi Flores de ...

PRACTICA PALABRAS CON SINFÓNS

Repetimos palabras con sinfones | Juego de memoria secuencial ...

Repetimos palabras: sinfones con L | Juego de #memoria secuencial ...




COLECCIÓN DE FICHAS

Conciencia fonológica trabajamos las sílabas trabadas -Orientacion ...













Sinfones – | Un mar de palabras

XOGOS





Oca trabadas | Juegos de articulación, Juegos, Grupos consonanticos

APRENDER ES DIVERTIDO 1º Y 2º: Grupos consonánticos "gr", "gl ...

Juegos con los fonemas y sinfones | Juegos de articulación ...

TRABALINGUAS



LECTURAS

La Eduteca: RECURSOS PRIMARIA | Lecturas para trabajar los grupos ...


21 CUENTOS PARA LOGOPEDIA, IDEAL PARA REEDUCACIÓN de DISLALIAS.



CANCIÓNS