O rotacismo é unha dislalia selectiva no fonema /r/ e pode darse no son r forte, no r suave, en palabras con sílabas directas, en posición inicial, media e/ou final (exemplos: rato, coro, carro, mar), en sílabas inversas (arco) e nas trabadas (cadro).
Debemos ter en conta que o fonema /r/ é un dos máis complicados e dos máis difíciles de acadar no repertorio fonolóxico. Por isto un neno ou nena pode non pronuncialo correctamente ata os 5 - 6 anos. A partir desta idade se non pode articular recoméndaselle acudir a un especialista, ben mestre/a de audición e linguaxe ou ben logopeda para que lle axude e determine a causa do problema de pronunciación.
As causas do rotacismo poden ser de dous tipos:
Causas orgánicas:
- Frenillo lingual curto con dificultades para elevar a lingua.
- Paladar oxival: elevado e estreito que impide a colocación lingual.
- Hipotonicidade dos órganos orobucofonatorios
Causas funcionais:
- Falta de forza e coordinación no sopro.
- Maloclusión lingual: a lingua toca ou sobrepasa os dentes e polo tanto non vibra.
O tratamento do rotacismo é moi efectivo e as actividades están orientadas a reeducar o punto e o modo de articulatión.
A continuación aparecen unha serie de exercicios recomendados que poden facerse na casa sempre e cando o neno ou nena teña ganas de facelos. Non se debe obrigar nin alongar demasiado no tempo xa que podemos conseguir o efecto contrario ao desexado. Debe converterse nun momento de xogo para que de xeito lúdico o neno/a traballe e consiga progresar.
- Exercicios respiratorios e de sopro: apagar velas, utilizar un chifre, unha frauta, muíños de vento, etc.
- Traballar as praxias linguais: sacar a lingua, mover a punta hacia cada lado, arriba e abaixo. Podemos plantexar os exercicios a través de contos.
- Practicar o fonema /R/. Nos seguintes enlaces podedes atopar actividades diversas para o fonema r vibrante múltiple, r vibrante simple, e trabadas con r e l.
- Por último, hai unha serie de erros comúns que debemos evitar cando un neno ou nena ten un rotacismo. Expresións como "así non se di ou aprende a dicilo ben" deben ser substituidas por "xa o estás conseguindo, inténtao de novo, non escoitei o que dixeches, podes conseguilo!
ÁNIMO, NA CASA TAMÉN PODES AXUDAR AO TEU FILLO OU FILLA