Amosando publicacións coa etiqueta Titoría. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Titoría. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2020

APRENDIZAXE BASEADA NO XOGO

Esta semana comezamos falando da Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABJ ou GBL Game Based Learning).  Esta metodoloxía pon énfase na motivación e convirte aos alumnos/as en verdadeiros protagonistas do proceso de aprendizaxe.



Nesta entrada propoñémosvos algúns xogos cos que podedes traballar diferentes destrezas e habilidades que están implicadas directamente no proceso de aprendizaxe.

Recollemos as propostas a continuación:


Con este xogo traballaremos a destreza visual, as nocións espaciais, a  atención, a concentración e a lóxica.

Podedes xogar con el de forma virtual en: TETRIS - EL PAÍS DE LOS JUEGOS

Ou se preferides facelo de forma manipulativa, podedes imprimir a proposta deseñada por "El bolsillo de mi babi".

Palabrea é un xogo de cartas co que traballaredes habilidades lingüísticas como a conciencia fonolóxicaa fluidez verbal; tamén traballaredes a visopercepción, a velocidade de procesamento e a memoria de traballo.

Premendo na foto, podedes descargar unha versión do xogo gratuita en PDF para imprimir, e así podedes probalo nas vosas casas e valorar se merece a pena facerse con el.


No seguinte vídeo aprenderedes as regras do xogo, pero se vos esforzades en aprendelas vos mesmos, tamén melloraredes as funcións executivas:

Na páxina de Ludilo coñeceredes moitos outros xogos de mesa divertidos para xogar en familia, cos que disfrutaredes pequenos e maiores.


Ikonikus é un xogo no que cada carta representa unha emoción e a empatía xoga un papel clave, xa que os xogadores deben tratar de adivinar o que sentiría o resto en diferentes situacións. Xogar coas emocións nunca foi tan divertido.

Premendo na seguinte imaxe podedes descargar unha versión imprimible do xogo.


A continuación veredes un videotitorial explicando as regras de Ikonikus:

Tamén podedes aproveitar  este tempo para gozar de xogos clásicos que teñades na casa como o Parchís, a Oca, etc. A vantaxe que teñen os xogos clásicos é que a  maioría dos nenos/as xa coñecen as normas do xogo tradicional e estas poden ser adaptadas para traballar contidos educativos, ademais das habilidades que xa se traballan participando nos propios xogos de mesa.

Premendo na seguinte imaxe, podedes descargar un taboleiro para imprimir do Parchís.

Ademais, podedes acceder a esta versión interactiva do Parchís coa que traballaredes e repasaredes as regras ortográficas.
Por último gustaríanos presentar este xogo pensado por EL MAESTRO MANU para o tempo de confinamento. “ConfinaJuego” é un xogo denominado "print and play": por iso tedes que imprimir o arquivo, colorealo e montalo, desta forma non só disfrutaredes do tempo de xogo, senón que tamén melloraredes a psicomotricidade fina e desenvolveredes a creatividade.

Premendo na seguinte imaxe, hai un enlace onde podedes descargalo:



Podedes descargar as súas instrucións  no seguinte enlace: INSTRUCIÓNS

E ata aquí as recomendacións de hoxe, esperamos que vos gusten e que pasedes un intre divertido á vez que mellorades as vosas habilidades.



sábado, 19 de maio de 2012

ACTIVIDADES ALTAS CAPACIDADES


O documento é unha guía para o profesorado de Educación Primaria xa que ofrece un conxunto de actividades de ampliación para o alumnado de altas capacidades de Educación Primaria.

Para acceder hai que premer na imaxe.

PROBAS DE AVALIACIÓN

Dende Cantabria, chéganos este Blog de PT con moitísimos recursos para a atención á diversidade 
Premendo na imaxe accédese á ligazón de probas de avaliación.

sábado, 5 de maio de 2012

IGUALMENTE AMIGOS

"Igualmente amigos" é un caderno editiado polo Goberno de Aragón que traballa a igualdade.
Trata de temas tan importantes como a igualdade entre xéneros, a resolución de conflitos, a violencia de xénero ou a sexualidade.
Moi axeitado para o alumnado de secundaria aínda que se pode traballar xa no terceiro ciclo de primaria.
Para acceder hai que premer na imaxe.

venres, 4 de maio de 2012

HABILIDADES SOCIAIS

Premendo na imaxe accédese á páxina de convivencia escolar da "Consejería de Educación de la Junta de Andalucía" onde podemos descargar catro guías para traballar as habilidades sociais, tres axeitadas para o alumnado de primaria e unha para o de secundaria.

mércores, 2 de maio de 2012

PLAN TITORIAL INTERACTIVO

A "Junta de Extremadura" preséntanos este Plan Titorial Interactivo para traballar as técnicas de estudio (memoria, esquemas, suliñado...) e sesións específicas sobre nutrición, sexualidade, convivir...
Esta recomendado para o alumnado do primeiro ciclo da ESO pero pódese utilizar tamén no 3º ciclo de primaria
Para acceder hai que premer na imaxe.

TÉCNICAS DE ESTUDIO

Estupendo vídeo para o alumnado a partir do terceiro ciclo de primaria e para os padres e profes que queran mellorar as técnicas de estudio dos rapaces con presentación de estratexias básicas para realizar un estudio eficaz:
  1. Como estudiar?
  2. Como esquematizar?
  3. Como resumir?
  4. Como memorizar?

sábado, 3 de marzo de 2012

USO CORRECTO DO ORDENADOR

Nestes videos pódense ver os consellos para o bo uso do ordenador: posturas correctas, axuste adecuado do equipo, pausas na súa utilización...


domingo, 12 de febreiro de 2012

HABILIDADES SOCIAIS

Novo recurso no repositorio Abalar.
Habilidades sociais básicas para a relación interpersoal. Preténdese que o alumnado tome conciencia da importancia de practicar certas habilidades sociais como factor de integración social e, como consecuencia, de mellora persoal.
Inclue guía didáctica.
Premer na imaxe para acceder.

domingo, 29 de maio de 2011

XOGO DE ATENCIÓN E MEMORIA


Un novo xogo de VEDOQUE para fomentar a atención e a memoria.
"Uns personaxes moi especiais retaron a "Montojo". Cada vez tendrá que atopar un diferente. Queres axudarlle?

domingo, 22 de maio de 2011

TÉCNICAS DE ESTUDO

Premendo na imaxe accederáse ao blog "estudiantes.info" no que podemos atopar métodos, hábitos e técnicas para mellorar o rendimento dos estudos: motivación, planificación do tempo, o método de estudo: explorar, preguntar, ler... son algunhas das cuestións tratadas. Vai dirixido ao alumnado de secundaria, pero pódese aproveitar para o terceiro ciclo de primaria.

SEGU KIGS, XUNTOS NA REDE

Premendo na imaxe accédese á páxina web segu Kids sitio que ofrece consellos e materiais para os pais, alumnos e profesores para contribuír a unha navegación segura na web
O seu obxectivo é sensibilizar dos moitos riscos de Internet e, sobre todo, cales son as mellores formas de prevención e protección, facendo uso responsable das tecnoloxías existentes.
O sitio está dividido en tres seccións distintas: os mozos,  pais e profesores.

domingo, 8 de maio de 2011

GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE UN ALUMNO TDHA


Premendo na imaxe pódese acceder á guía de actuación na escola ante un alumno TDHA.
A guía trata dende o concepto de alumnao TDHA, o seu diagnóstico e tratamento ata as características dun alumno TDHA de primaria e de secundaria.

sábado, 30 de abril de 2011

"DE AQUÍ NON PASAS". As Redes Sociais

CADA REDE SOCIAL É UN MUNDO. ACCEDE PREMENDO NA IMAXE E SABERÁS  COMO COIDARTE DE TODAS ELAS.
 ¡Infórmate, non o dubides!
Coidarte en Internet é moi sinxelo. Só tes que aplicar a lóxica que utilizas na túa vida e axustar a privacidade nas Redes Sociais ás que te conectas.
Así que ten sempre presente que ...
SE NON O FAS NA TÚA VIDA NORMAL... PORQUE O FAS EN INTERNET?

"NAVEGA TRANKI"

Canto sabes de Internet? Necesitas consello? Que debes facer se te sentes acosado? Esta e moita información máis podemos atopala en "NAVEGA TRANKI" a web da Fundación Bip Bip para vós. Pódese acceder a ela premendo na imaxe.

venres, 22 de abril de 2011

NAVEGA SEGURO POLA INTERNET

ESTÁS SEGUR@ DE QUE SABES NAVEGAR POLA INTERNET?
A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche.
Preme na imaxe e accederás a toda a información.

luns, 11 de abril de 2011

A COMPAÑIA "MIGALLAS TEATRO" EDITA O LIBRO “UN AVÓ ESPECIAL”, SOBRE A DOENZA DO ALZHEIMER

O libro “Un avó especial” está baseado na obra teatral do mesmo nome. Conta a relación entre un avó e a súa neta dende que esta nace ata que ten doce anos. O avó arrólaa; cóidaa; ensínalle ditos, cancións, xogos... Co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous pero, un día, o avó comeza a ter moitos despistes e, ademais, cámbialle o carácter.

Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural. Os ditos, os xogos e as cantigas populares son un elemento fundamental nesta transmisión.     http://www.migallas.com/
O libro vai dirixido aos nenos e nenas e é de distribución da editorial Kalandraka.

luns, 14 de marzo de 2011

19 DE MARZO, DÍA DO PAI

Dada a proximidade da celebración do día do pai, comezamos a semana facendo unha conmemoración a todos nosos pais.
A maioría dos países contan no seu calendario cun día de recoñecemento á figura do pai, implicado na educación dos seus fillos, cos que comparte non so lecer, senón preocupacións, anhelos, perdas e ilusións.
Durante esta semana imos ir recomendando cada día un libro no que a figura do pai como coeducador dos fillos xoga un papel moi importante.
O libro de hoxe é O TREN  de Silvia Santirosi & Chiara Carrer (editorial OQO).
En O tren, a pequena protagonista debe facer fronte á terrible perda da súa nai. O pai recorre a un relato para axudar a entender un feito tan doloroso como natural.
Como podo dicirche que as persoas que queremos morren, nos deixa e se van? Como podo dicirche que o amor e a alegría forman parte da vida igual que a dor e a tristeza? (...) Como podo dicirche todo isto, miña nena?

Entón cóntoche unha historia.....