martes, 12 de maio de 2020

APRENDIZAXE BASEADA NO XOGO

Esta semana comezamos falando da Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABJ ou GBL Game Based Learning).  Esta metodoloxía pon énfase na motivación e convirte aos alumnos/as en verdadeiros protagonistas do proceso de aprendizaxe.



Nesta entrada propoñémosvos algúns xogos cos que podedes traballar diferentes destrezas e habilidades que están implicadas directamente no proceso de aprendizaxe.

Recollemos as propostas a continuación:


Con este xogo traballaremos a destreza visual, as nocións espaciais, a  atención, a concentración e a lóxica.

Podedes xogar con el de forma virtual en: TETRIS - EL PAÍS DE LOS JUEGOS

Ou se preferides facelo de forma manipulativa, podedes imprimir a proposta deseñada por "El bolsillo de mi babi".

Palabrea é un xogo de cartas co que traballaredes habilidades lingüísticas como a conciencia fonolóxicaa fluidez verbal; tamén traballaredes a visopercepción, a velocidade de procesamento e a memoria de traballo.

Premendo na foto, podedes descargar unha versión do xogo gratuita en PDF para imprimir, e así podedes probalo nas vosas casas e valorar se merece a pena facerse con el.


No seguinte vídeo aprenderedes as regras do xogo, pero se vos esforzades en aprendelas vos mesmos, tamén melloraredes as funcións executivas:

Na páxina de Ludilo coñeceredes moitos outros xogos de mesa divertidos para xogar en familia, cos que disfrutaredes pequenos e maiores.


Ikonikus é un xogo no que cada carta representa unha emoción e a empatía xoga un papel clave, xa que os xogadores deben tratar de adivinar o que sentiría o resto en diferentes situacións. Xogar coas emocións nunca foi tan divertido.

Premendo na seguinte imaxe podedes descargar unha versión imprimible do xogo.


A continuación veredes un videotitorial explicando as regras de Ikonikus:

Tamén podedes aproveitar  este tempo para gozar de xogos clásicos que teñades na casa como o Parchís, a Oca, etc. A vantaxe que teñen os xogos clásicos é que a  maioría dos nenos/as xa coñecen as normas do xogo tradicional e estas poden ser adaptadas para traballar contidos educativos, ademais das habilidades que xa se traballan participando nos propios xogos de mesa.

Premendo na seguinte imaxe, podedes descargar un taboleiro para imprimir do Parchís.

Ademais, podedes acceder a esta versión interactiva do Parchís coa que traballaredes e repasaredes as regras ortográficas.
Por último gustaríanos presentar este xogo pensado por EL MAESTRO MANU para o tempo de confinamento. “ConfinaJuego” é un xogo denominado "print and play": por iso tedes que imprimir o arquivo, colorealo e montalo, desta forma non só disfrutaredes do tempo de xogo, senón que tamén melloraredes a psicomotricidade fina e desenvolveredes a creatividade.

Premendo na seguinte imaxe, hai un enlace onde podedes descargalo:



Podedes descargar as súas instrucións  no seguinte enlace: INSTRUCIÓNS

E ata aquí as recomendacións de hoxe, esperamos que vos gusten e que pasedes un intre divertido á vez que mellorades as vosas habilidades.