O pensamento lateral é un concepto ao que fixo referencia o psicólogo Edward de Bono en 1967. Edward acuñou tamén o concepto de pensamento vertical, que é aquel tipo de pensamento que utilizamos normalmente para resolver problemas, a través do método lóxico tradicional.
O pensamento lateral é un método de pensamento que pode ser empregado como unha técnica para a resolución de problemas de maneira imaxinativa. Para desenvolver e exercitar o pensamento lateral, é fundamental aprender a analizar os problemas desde múltiples puntos de vista.
Imaxe extraída de "El Principito" (Le petit Prince) de Antoine de Saint-Exupéry
No seguinte vídeo podedes aprender máis sobre o pensamento lateral e as diferencias que hai respecto do pensamento vertical.
Algúns exemplos clásicos de pensamento lateral son:
- Algúns meses teñen 31 días, outros so 30. Cantos teñen 28 días?
- Cal é o animal que ten os pes na cabeza?
- Canta terra hai nun burato de un metro de longo por un metro de ancho e un metro de profundidade? (Atoparedes as respostas ao final do focumento)
A continuación propoñémosvos algúns exercicios para desenvolver o pensamento lateral e pasar un rato divertido:
EXERCICIO 1: Que símbolo matemático porías nos números 2 e 3 para conseguir un número maior que 2 e máis pequeno que 3?

EXERCICIO 2: Un prisioneiro quere escapar do cárcere e, milagrosamente, consegue unha corda que mide 20 metros. Está feliz por conseguir a corda, pero hai un problema no seu plan de escapada, xa que a xanela pola que pretende saír está a 40 metros do chan. Se baixa pola corda que só mide 20, o máis probable é que non supere o salto dos seguintes 20 metros.

Parecéronvos moi difíciles de resolver?
Pois se queredes seguir co reto, podedes resolver moitos outros a través dos seguinte vídeo:
Respostas:
- Todos
- Un piollo
- É un burato, non ten terra.