Amosando publicacións coa etiqueta Máis recursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Máis recursos. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2020

PROPOSTAS EDUCATIVAS DO SALÓN VIRTUAL DE PONTEVEDRA

Este ano o Salón do Libro de Pontevedra tivo que ser suspendido con motivo da crise sanitaria do coronavirus. Pero a organización tentou atopar unha solución que permitira, por unha parte, facer máis levadeira a situación actual á cativada confinada e por outra, paliar na medida do posible o impacto que está a ter no sector cultural, onde se están a cancelar a meirande parte das actividades programadas neste tempo. Así foi como naceu o SALÓN VIRTUAL, que aínda podedes visitar premendo no seguinte enlace:


O resultado foron máis de 100 publicacións nas redes sociais, que inclúen obradoiros, xogos, contacontos, exposicións virtuais, actuacións,... Atoparedes enlaces a todas elas a través do enlace anterior.

Nesta entrada gustaríanos destacar algunhas propostas, que vos poden resultar útiles nas vosas casas: 


Neste  obradoiro, impartido por Anxo Fariña, aprenderedes a relaxarvos e a entender as vosas emocións e pensamentos a través de técnicas de Mindfulness e respiración, é un obradoiro que podedes levar a cabo xuntos, nenos e adultos.
Tamén se ensinan algúns materiais útiles para axudar aos nenos a calmarse a relaxarse, por exemplo, cando teñen problemas para conciliar o sono.


Este obradoiro creativo foi impartido polo ilustrador Kiko da Silva, coñecido polas súas publicacións de viñetas para El Correo Gallego e por ser o fundador da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia "O GARAXE HERMÉTICO". O obradoiro consta de dúas partes, que podedes ver na canle de Youtube do Salón do libro:
PARTE 1
PARTE 2


Neste obradoiro coñeceredes parte da historia do cómic ou Banda Deseñada e ademais de iniciarvos no coñecemento desta arte, gozaredes con Fiz, o neno máis porco do mundo que, desta vez, ten moitas cousas que ensinarnos sobre as historietas e viñetas.


Neste obradoiro aprenderedes a facer un retrato de conto a través do fisionotrazo que é un invento fantástico que xurdiu alá polo século XVIII para facer retratos.


Neste obradoiro aprenderedes a facer unha Pimbóla ou Pinball con cartón e outro material de refugallo. A Pimbóla foi un popular xogo durante moitos anos. Atopámola en versión electrónica ou mecánica e de seguro que os vosos familiares poden falarvos dela.


Gustaríavos que os vosos contos cobren movemento? Neste obradoiro aprenderedes a facer flipbooks ou libros en movemento, poñendo en práctica unha das técnicas máis antigas da animación. Tan só necesitades un caderno que teñades pola casa ou dunha cartolina, ademais dun lápiz e rotulador negro para facer os debuxos.


Esperamos que vos gusten as propostas seleccionadas en non dubidedes en darvos un paseo polo SALÓN VIRTUAL, onde descubriredes moitas outras propostas divertidas!

martes, 12 de maio de 2020

APRENDIZAXE BASEADA NO XOGO

Esta semana comezamos falando da Aprendizaxe Baseada no Xogo (ABJ ou GBL Game Based Learning).  Esta metodoloxía pon énfase na motivación e convirte aos alumnos/as en verdadeiros protagonistas do proceso de aprendizaxe.



Nesta entrada propoñémosvos algúns xogos cos que podedes traballar diferentes destrezas e habilidades que están implicadas directamente no proceso de aprendizaxe.

Recollemos as propostas a continuación:


Con este xogo traballaremos a destreza visual, as nocións espaciais, a  atención, a concentración e a lóxica.

Podedes xogar con el de forma virtual en: TETRIS - EL PAÍS DE LOS JUEGOS

Ou se preferides facelo de forma manipulativa, podedes imprimir a proposta deseñada por "El bolsillo de mi babi".

Palabrea é un xogo de cartas co que traballaredes habilidades lingüísticas como a conciencia fonolóxicaa fluidez verbal; tamén traballaredes a visopercepción, a velocidade de procesamento e a memoria de traballo.

Premendo na foto, podedes descargar unha versión do xogo gratuita en PDF para imprimir, e así podedes probalo nas vosas casas e valorar se merece a pena facerse con el.


No seguinte vídeo aprenderedes as regras do xogo, pero se vos esforzades en aprendelas vos mesmos, tamén melloraredes as funcións executivas:

Na páxina de Ludilo coñeceredes moitos outros xogos de mesa divertidos para xogar en familia, cos que disfrutaredes pequenos e maiores.


Ikonikus é un xogo no que cada carta representa unha emoción e a empatía xoga un papel clave, xa que os xogadores deben tratar de adivinar o que sentiría o resto en diferentes situacións. Xogar coas emocións nunca foi tan divertido.

Premendo na seguinte imaxe podedes descargar unha versión imprimible do xogo.


A continuación veredes un videotitorial explicando as regras de Ikonikus:

Tamén podedes aproveitar  este tempo para gozar de xogos clásicos que teñades na casa como o Parchís, a Oca, etc. A vantaxe que teñen os xogos clásicos é que a  maioría dos nenos/as xa coñecen as normas do xogo tradicional e estas poden ser adaptadas para traballar contidos educativos, ademais das habilidades que xa se traballan participando nos propios xogos de mesa.

Premendo na seguinte imaxe, podedes descargar un taboleiro para imprimir do Parchís.

Ademais, podedes acceder a esta versión interactiva do Parchís coa que traballaredes e repasaredes as regras ortográficas.
Por último gustaríanos presentar este xogo pensado por EL MAESTRO MANU para o tempo de confinamento. “ConfinaJuego” é un xogo denominado "print and play": por iso tedes que imprimir o arquivo, colorealo e montalo, desta forma non só disfrutaredes do tempo de xogo, senón que tamén melloraredes a psicomotricidade fina e desenvolveredes a creatividade.

Premendo na seguinte imaxe, hai un enlace onde podedes descargalo:



Podedes descargar as súas instrucións  no seguinte enlace: INSTRUCIÓNS

E ata aquí as recomendacións de hoxe, esperamos que vos gusten e que pasedes un intre divertido á vez que mellorades as vosas habilidades.



xoves, 23 de abril de 2020

PROPOSTAS DE ILUSTRADORES PARA O TEMPO DE LECER II

Continuamos dando visibilidade ás propostas de lecer creadas polos ilustradores e outros artistas que tanto se están implicando durante este tempo de confinamento:
Nuria Díaz é un ilustradora nacida en Vilagarcía de Arousa que se define a si mesma como silenciosa, curiosa e observadora. Estudou  a licenciatura de Belas Artes na Universidade de Vigo e máis tarde especializouse cursando un Máster en Arte e Comunicación.
Nun principio, Nuria encamiñou a súa carreira cara ao deseño gráfico, ámbito no que traballou durante bastante tempo. Na actualidade dedícase por completo á ilustración, tanto no ámbito editorial coma no publicitario.
Nuria é unha artista prolífica e entre as publicacións ilustradas por Nuria, atopamos varios títulos de Ed. Xerais e máis recentemente un libro homenaxe ao cineasta Wes Anderson da Editorial Lunwerg.
Nas redes sociais podedes atopala como NuriaDiaz e tamén podedes visitar a súa galería e portafolio no seguinte enlade: PORTAFOLIO.
Durante estes días, Nuria compartiu con todos nós unha versión en diorama do Gran Hotel e tamén varias das súas imaxes para colorear.

venres, 27 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ILUSTRADORES PARA O TEMPO DE LECER

A Educación Artística contribúe ao desenvolvemento cultural e cognitivo das persoas e ten moitas vantaxes, xa que a través da expresión artística podemos canalizar as emocións, mellorar a motricidade, fortalecer a autoestima e axudar á nosa saúde mental, entre outros,...

Nos últimos días son múltiples as propostas que diferentes artistas están promovendo a través das súas redes sociais para axudarnos a facer máis agradables estes momentos. Ao igual que eles son xenerosos con nós, é un bo momento para dar a coñecer todo o talento creativo que nos rodea, por iso imos a presentarvos as propostas dalgúns deles.
Alba EIO é unha deseñadora e ilustradora empática e detallista que reside en Granada. Encántalle a ilustración infantil e estudou Belas Artes na Universidade de Granada, onde descubriu que se pode traballar como ilustradora de libros.  Este descubrimento plantou unha semente no seu corazón e pouco despois especializouse en ilustración infantil, cursando un Máster sobre álbum ilustrado na Universidade de Vigo. Tras rematar os seus estudos, comezou a súa vida laboral e estivo case 6 anos ilustrando contos interactivos para móbiles e máis tarde videoxogos. Nos últimos anos está a levar a cabo un proxecto propio como artista freelance, que podedes seguir nas redes: latiendaeio
Durante este tempo de corentena, Alba comparte directos en Instagram nos que podemos ver como traballa e ilustra no seu estudo e mesmo interactuar con ela. E como lle gusta axudar a que pasemos estes días da mellor forma posible, tamén compartiu estes deseños para que os máis pequenos e os maiores tamén, poidamos colorear as súas creacións e darlles vida.
Juanjo Jiménez González é un ilustrador nacido en Málaga. Juanjo, desde que era moi pequeno sentiuse atraído pola ilustración e animación. Ademais, encántanlle os animais, sobre todo os dinosauros, polo que é habitual que aparezan nas súas ilustracións. Estudou un Máster de ilustración e animación na Universidade de Vigo.
Entre os seus traballos atópanse as ilustracións dos seguintes libros:
Nas redes sociais atoparédelo como Juanjotage e no seguinte enlace podedes visitar o seu PORTAFOLIO.
Durante este tempo de corentena, Juanjo compartiu estas fermosas ilustracións para que os máis pequenos gocen dando vida ás súas criaturas do triásico. Podedes descargalas premendo no seguinte enlace.

sábado, 19 de maio de 2012

PROBAS DE AVALIACIÓN

Dende Cantabria, chéganos este Blog de PT con moitísimos recursos para a atención á diversidade 
Premendo na imaxe accédese á ligazón de probas de avaliación.

sábado, 7 de abril de 2012

TESTEANDO: O trivial educativo para colexios


Testeando é o xogo educativo pensado para estudiantes con miles de preguntas tipo trivial. O xogo presenta distintas preguntas clasificadas en distintos niveis e materias.

domingo, 4 de marzo de 2012

MATES CON MARTÍN Y MARTINA

Conxunto de actividades de Matemáticas con operacións de números decimais: suma, resta, multiplicación e división.
En castelán e en inglés.
3º Premio al Desarrollo de Contenidos Educativos Digitales de la Xunta de Galicia (2011) en la categoría de 3º ciclo de Primaria.

luns, 11 de abril de 2011

A COMPAÑIA "MIGALLAS TEATRO" EDITA O LIBRO “UN AVÓ ESPECIAL”, SOBRE A DOENZA DO ALZHEIMER

O libro “Un avó especial” está baseado na obra teatral do mesmo nome. Conta a relación entre un avó e a súa neta dende que esta nace ata que ten doce anos. O avó arrólaa; cóidaa; ensínalle ditos, cancións, xogos... Co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous pero, un día, o avó comeza a ter moitos despistes e, ademais, cámbialle o carácter.

Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural. Os ditos, os xogos e as cantigas populares son un elemento fundamental nesta transmisión.     http://www.migallas.com/
O libro vai dirixido aos nenos e nenas e é de distribución da editorial Kalandraka.

luns, 28 de febreiro de 2011

THE HUMAN BODY (Inglés para 3º ciclo de Primaria)

The human boby es un recurso interactivo moi completo para que o alumnado do 3º ciclo de primaria traballe a aprendizaxe das distintas partes do corpo humano e os sentidos en inglés.
Este recurso foi elaborado por la Junta de Comunidades de Castilla la Mancha.

venres, 25 de febreiro de 2011

"UNHA HISTORIA DE AMOR IMPOSIBLE", cómic de fraccións

As matemáticas tamén son para ler. Aqui presentamos un estupendo cómic a partir lo cal se pode traballar o concepto de fraccións e a súa transformación a común denominador.
Quen dixo que a lectura era so para a área de lingua?

martes, 15 de febreiro de 2011

RECURSOS POR NIVEIS

O grupo das TIC do noso centro recopilou unha serie de actividades interactivas clasificadas por niveis e por editoriais que poden servir como reforzo ou ampliación e que podedes atopar na nosa web premendo na imaxe:

luns, 14 de febreiro de 2011

PARCHIS ORTOGRÁFICO


Parchís ortográfico interactivo para primaria con repaso das principais regras de ortografía e práctica con xogos interactivos.
Para acceder premer na imaxe.

domingo, 13 de febreiro de 2011

GALEGO PARA DOCENTES

Estupenda web realizada por Xosé Antón Vicente Rodríguez con cantidade de ferramentas para a aula: tradutores, dicionarios, cursos, manuais, actividades interactivas...
Premer na imaxe para acceder.

mércores, 15 de decembro de 2010

PROTEXER OS NENOS CON "CUIDA TU IMAGEN ONLINE"

A revista TIC 3.0 recoméndanos este sitio web coma unha medida de protección de datos para os nenos, nenas e adolescentes.
Pantallas Amigas Cuita Tu Imagen On Line desenvolveu a iniciativa para un uso seguro de Internet. Trátase dun recurso educativo en liña para a protección de nenos e adolescentes no uso das TIC.
Premer na imaxe para acceder.

sábado, 11 de decembro de 2010

Coñecémonos?

Interesante e divertido vídeo sobre os bos usos de Internet para os nenos.
Contén unha visión positiva que se pode empregar tanto para que vexan os nenos e nenas como para recomendar ás familias.

venres, 10 de decembro de 2010

EDUCAR PARA PROTEXER


Guía de formación TIC para pais e nais de menores de 3 a 11 anos que trata os seguintes temas: os xoguetes dixitais, pais analóxicos, fillos dixitais, orfos dixitais, e educar para previr.
Premer na imaxe para acceder.

xoves, 9 de decembro de 2010





Se prememos na imaxe accederemos a unha serie de minititoriais que nos poden ser de gran axuda sobre internet, edición de imaxes, audio e vídeo, libro electrónico...

mércores, 8 de decembro de 2010

AS TIC E A DISCAPACIDADE


Blog no que podemos atopar 75 unidades didácticas de infantil interactivas para a pizarra dixital.

WEBS DE MATERIAIS E RECURSOS


Webs con materiais e recursos: banco de imaxes, banco de fondos, vídeos...