Premendo na imaxe accédese á páxina de Concha Barceló que contén cantidade de información e recursos para fomentar a inclusión do alumnado.
Amosando publicacións coa etiqueta Dislexia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dislexia b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 4 de novembro de 2021
domingo, 31 de outubro de 2021
5 OUTUBRO, DÍA DA DISLEXIA
O día 5 de outubro celébrase o DÍA EUROPEO DA DISLEXIA.
A dislexia é unha dificultade de aprendizaxe específica e persistente que afecta a varios ámbitos da aprendizaxe, entre eles á lectoescritura.
Máis información premendo na imaxe.
DISFAM
Páxina de asociación de DISLEXIA - FAMILIAS na que entre os seus obxectivos está o de proporcionar ferramentas de detección e actuación na casa e nas aulas.
Para acceder premer na imaxe.
martes, 28 de abril de 2020
RECURSOS PARA TRABALLAR A DISLEXIA
QUE É A DISLEXIA?
A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se dá en nenos/as que non presentan ningún hándicap físico, psÍquico nin sociocultural e a súa orixe parece derivar dunha alteración do neurodesarrollo.
Os nenos e nenas con dislexia han de facer fronte cada día a múltiples dificultades e problemas. A súa maneira de percibir as letras, codificar e procesar a información que transmiten é diferente. Un neno con dislexia procesa a información escrita e a escritura dun modo especial e é por iso que necesita unha atención máis especializada neste sentido. Un ensino adaptado ás súas características e as súas necesidades que lles permita desenvolver as súas capacidades e aprendizaxes.
O pasado mes de xaneiro foi publicado na nosa comunidade o Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e outras dificultades do aprendizaxe, no que se recollen algunhas pautas para as familias do alumnado con dificultades de aprendizaxe:
Pautas alumnado Ed. Infantil:
Pautas alumnado Ed. Primaria:
Para ampliar información, podedes descargar o protocolo premendo na seguinte imaxe:
O pasado mes de xaneiro foi publicado na nosa comunidade o Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e outras dificultades do aprendizaxe, no que se recollen algunhas pautas para as familias do alumnado con dificultades de aprendizaxe:
Pautas alumnado Ed. Infantil:
- Aproveitar calquera situación da vida cotiá para espertar a curiosidade dos nenos e nenas por todo tipo de texto escrito.
- Falar e escoitar aos fillos/as, utilizando unha linguaxe rica e expresiva.
- Interesarse polo que fixeron na escola.
- Prestar atención ás preguntas dos nenos e nenas sobre a lectura, mesmo antes de que comecen a aprender formalmente a ler e a escribir.
- Practicar a lectura en voz alta de contos e álbumes ilustrados sobre: animais, adiviñas, trabalinguas, achegando aos nenos á literatura.
- Conectar co que len e co que sucede na vida cotiá.
- Cantarlles cancións, lerlles libros de rimas e dicirlles trabalinguas divertidos. Estes axudan aos nenos a volverse sensibles aos sons que conteñen as palabras.
Pautas alumnado Ed. Primaria:
- Continuar coas suxerencias recomedadas para Educación Infantil.
- Presentar a lectura como unha forma divertida e emocionante de ocupar o tempo libre.
- Deixarlle claro que a familia comprende as súas dificultades, que sempre estará ao seu lado para axudarllle, que logrará avances aínda que coste moito e que poderá contar coa axuda específica para iso.
- Valorar os seus progresos na lectura.
- Propiciar un clima agradable e relaxado para a práctica da lectura.
- Suxerir lecturas e non obrigar a ler.
- Ser paciente co ritmo de lectura, animarlle a que lea detidamente cada palabra e evitar animarlle a adiviñalas.
- Favorecer o hábito da lectura. A mellor forma de facelo é poñelo en práctica cada día. É recomendable facelo todos os días.
Para ampliar información, podedes descargar o protocolo premendo na seguinte imaxe:


No anterior enlace podedes consultar unha infografía que recolle aspectos básicos da dislexia.
Trátase dunha ferramenta de apoio á dislexia, validada científicamente e que incorpora moitos exercicios lingüísticos a través dos que se traballan as competencias lingüísticas, a memoria de traballo e as funcións executivas. DytectiveU está dispoñible nas plataformas iOS, Android e Web para que poida utilizarse tanto en ordenadores Windows e Mac, como en tabletas e smartphones. DytectiveU non é un recurso gratuito, pero durante o tempo de confinamentos Change Dyslexia quere botar unha man ás familias e alongan o período de proba de Dytective a 15 días.
DytectiveU mellora as habilidades de lectoescritura de todos os nenos e nenas e entrénaos para ler e escribir mellor.

Piruletras é unha divertida aplicación baseada no xogo e deseñada para mellorar a lectura e escritura nos nenos que padecen dislexia.
O xogo está dividido en 5 niveis, que están deseñados de acordo coa frecuencia das palabras, o seu número de letras e similitude con outras palabras.
Esta aplicación está dispoñible nas plataformas iOS e Android.
GALEXIA
Galexia é un xogo educativo para mellorar a dislexia, fluidez lectora e dificultades na fala, gratuito e apto para nenos e adultos. Está dispoñible para dispositivos Android.MATERIAIS DA PSICO-GOLOTECA

RECURSOS DE INTERNET PARA A DISLEXIA

APPS PARA TRABALLAR A DISLEXIA

45 RECURSOS PARA TRABALLAR A DISLEXIA

RECOPILATORIO ACTIVIDADES

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A DISLEXIA DESDE A CASA

ORTOGRAFÍA VISUAL: MÉTODO INTERACTIVO E ABERTO DE ORTOGRAFÍA E VOCABULARIO

TARXETAS DE ORTOGRAFÍA

ORTOGRAFIA VISUAL

XOGOS DE ATENCIÓN PARA NENOS E NENAS
É unha app que consta de 15 xogos educativos para reforzar as habilidades de percepción visual e espacial, dirixida a nenos de todas as idades.
SIMÓN E OUTROS XOGOS DE MEMORIA
O xogo de Simón é un famoso xogo de memoria. Consiste nun xogo electrónico de mesa con catro grandes teclas de diferentes cores: vermello, verde, amarelo e azul. Cada tecla emite un son diferente que axuda ao xogador a recordar a serie de teclas iluminadas. O xogador debe reproducir a secuencia de luz sen cometer un erro. No anterior enlace, podedes acceder a unha versión online do mesmo, xunto con outros xogos online de memoria. Ademais, neste mesmo enlace tamén atoparedes algúns xogos de memoria para imprimir.



SOPA DE LETRAS
No seguinte enlace podedes acceder a exercicios online de sopa de letras de distintos temas: animais, profesións, alimentos, froita, colexio, universo, tempo,...

PALABRAS AO REVÉS

No enlace anterior podedes acceder a tarxetas de exercicios de palabras ao revés.
domingo, 29 de marzo de 2020
ABC FONÉTICO
ABC FONÉTICO
ABC FONÉTICO trátase dunha aplicación multimedia deseñada por Lucía Fernández para traballar a ruta fonolóxica. Permite tanto o adestramento como a realización das actividades. Todas elas acompáñanse de apoios visuais e auditivos con sistema de autocorrección ao finalizar cada unha. Descárgase o executable e non necesita instalación.
Na seguinte imaxe podemos ver o menú da aplicación.

DESTINATARIOS:
Educación Infantil. Ensino do Español - Inmigrantes. Educación Especial - Audición e Linguaxe. Alumnado con Discapacidade Auditiva (desmutización). Alumnado con Trastorno Específico da Linguaxe. Dislalias e outras alteracións do fala. Dificultades en lectoescritura. Descargar Guía de uso.
Etiquetas:
AL,
Articulación,
Autismo,
Discapacidade auditiva,
Dislexia,
Infantil,
Lectoescritura,
NEE
xoves, 26 de marzo de 2015
Se tes dificultades para aprender e reproducir as palabras sen cometer erros de ortografía, proba a traballar con este método de aprendizaxe visual .
martes, 10 de abril de 2012
PUBLICACIÓNS
Tecnoneet: Tecnoloxías de apoio en contextos de diversidad educativa social e persoal (Región de Murcia) presentanos unha serie de publicacións sobre a utilización das novas tecnoloxías co alumnado de nee:
- "25 años de integración en España: Tecnología e inclusión en el ámbito educativo, laboral y comunitario"
- "La igualdad de oportunidades en el mundo digital"
- "La integración curricular de las tecnologías de ayuda en contextos escolares"
- "Las tecnologías en la Escuela Inclusiva: nuevos escenarios, nuevas oporunidades"
- "Tecnologías de Ayuda en Personas con Trastorno Autista: Guía para Docentes"
- "Tecnología. Educación y Diversidad: Retos y Realidades de la Inclusión Digital"
- "Las Nuevas Tecnologías en la respuesta educativa a la diversidad"
- "Nuevas Tecnologías, Viejas Esperanzas: las nuevas tecnologías en el ámbito de la discapacidad y las necesidades especiales"
venres, 23 de marzo de 2012
ORIENTACIÓN EN LA RED
Bitácora dixital de orientación educativa.
Recompilación de entradas sobre orientación publicados en distintos blogues e páxinas web.
xoves, 9 de xuño de 2011
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Dáse un novo paso na atención á diversidade. Ábrense portas para o alumnado disléxico rompendo barreiras tamén na selectividade. Xa algunhas comunidades autónomas aplican exames adaptados ás necesidades educativas especiais do alumnado disléxico, con modelos de corrección adaptados.
Pódese acceder á información premendo na imaxe onde poderán ver un vídeo de TVE coa información referida, ou premendo en
luns, 14 de febreiro de 2011
PARCHIS ORTOGRÁFICO
Parchís ortográfico interactivo para primaria con repaso das principais regras de ortografía e práctica con xogos interactivos.
Para acceder premer na imaxe.
domingo, 5 de decembro de 2010
O PROGRAMA INFORMÁTICO "PPIC"
Información sobre unha innovadora metodoloxía para el diagnóstico e a reeducación da DISLEXIA: o programa informático "PPIC"
sábado, 20 de novembro de 2010
PROTOCOLOS DE DETECCIÓN Y ACTUACIÓN EN DISLEXIA
Conxunto de protocolos para a detección e actuación en DISLEXIA adaptados a diferentes niveis:
ADAPTACIONES CURRICULARES NON SIGNIFICATIVAS PARA O ALUMNADO CON DISLEXIA
Documento presentado no V Congreso Nacional de Dislexia celebrado en Mallorca (Nov 2010)
Ademáis de tratar as adaptacións curriculares non significativas para o alumnado con dislexia preséntanos un programa para a prevención de dificultades na lectura e na escritura.
DISCALCULIA
Documento que trata das dificultades e intervención na primeira etapa da adquisición das competencias matemáticas.
ALTAS CAPACIDADES E DISLEXIA
Son incompatibles as altas capacidades e a dislexia?
Quenes son os estudantes 2e?
Estas cuestiones e outras máis poderemos atopar neste documento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















