QUE É A DISLEXIA?
A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se dá en nenos/as que non presentan ningún hándicap físico, psÍquico nin sociocultural e a súa orixe parece derivar dunha alteración do neurodesarrollo.
Os nenos e nenas con dislexia han de facer fronte cada día a múltiples dificultades e problemas. A súa maneira de percibir as letras, codificar e procesar a información que transmiten é diferente. Un neno con dislexia procesa a información escrita e a escritura dun modo especial e é por iso que necesita unha atención máis especializada neste sentido. Un ensino adaptado ás súas características e as súas necesidades que lles permita desenvolver as súas capacidades e aprendizaxes.
O pasado mes de xaneiro foi publicado na nosa comunidade o Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e outras dificultades do aprendizaxe, no que se recollen algunhas pautas para as familias do alumnado con dificultades de aprendizaxe:
Pautas alumnado Ed. Infantil:
Pautas alumnado Ed. Primaria:
Para ampliar información, podedes descargar o protocolo premendo na seguinte imaxe:
O pasado mes de xaneiro foi publicado na nosa comunidade o Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e outras dificultades do aprendizaxe, no que se recollen algunhas pautas para as familias do alumnado con dificultades de aprendizaxe:
Pautas alumnado Ed. Infantil:
- Aproveitar calquera situación da vida cotiá para espertar a curiosidade dos nenos e nenas por todo tipo de texto escrito.
- Falar e escoitar aos fillos/as, utilizando unha linguaxe rica e expresiva.
- Interesarse polo que fixeron na escola.
- Prestar atención ás preguntas dos nenos e nenas sobre a lectura, mesmo antes de que comecen a aprender formalmente a ler e a escribir.
- Practicar a lectura en voz alta de contos e álbumes ilustrados sobre: animais, adiviñas, trabalinguas, achegando aos nenos á literatura.
- Conectar co que len e co que sucede na vida cotiá.
- Cantarlles cancións, lerlles libros de rimas e dicirlles trabalinguas divertidos. Estes axudan aos nenos a volverse sensibles aos sons que conteñen as palabras.
Pautas alumnado Ed. Primaria:
- Continuar coas suxerencias recomedadas para Educación Infantil.
- Presentar a lectura como unha forma divertida e emocionante de ocupar o tempo libre.
- Deixarlle claro que a familia comprende as súas dificultades, que sempre estará ao seu lado para axudarllle, que logrará avances aínda que coste moito e que poderá contar coa axuda específica para iso.
- Valorar os seus progresos na lectura.
- Propiciar un clima agradable e relaxado para a práctica da lectura.
- Suxerir lecturas e non obrigar a ler.
- Ser paciente co ritmo de lectura, animarlle a que lea detidamente cada palabra e evitar animarlle a adiviñalas.
- Favorecer o hábito da lectura. A mellor forma de facelo é poñelo en práctica cada día. É recomendable facelo todos os días.
Para ampliar información, podedes descargar o protocolo premendo na seguinte imaxe:
No anterior enlace podedes consultar unha infografía que recolle aspectos básicos da dislexia.
Trátase dunha ferramenta de apoio á dislexia, validada científicamente e que incorpora moitos exercicios lingüísticos a través dos que se traballan as competencias lingüísticas, a memoria de traballo e as funcións executivas. DytectiveU está dispoñible nas plataformas iOS, Android e Web para que poida utilizarse tanto en ordenadores Windows e Mac, como en tabletas e smartphones. DytectiveU non é un recurso gratuito, pero durante o tempo de confinamentos Change Dyslexia quere botar unha man ás familias e alongan o período de proba de Dytective a 15 días.
DytectiveU mellora as habilidades de lectoescritura de todos os nenos e nenas e entrénaos para ler e escribir mellor.
Piruletras é unha divertida aplicación baseada no xogo e deseñada para mellorar a lectura e escritura nos nenos que padecen dislexia.
O xogo está dividido en 5 niveis, que están deseñados de acordo coa frecuencia das palabras, o seu número de letras e similitude con outras palabras.
Esta aplicación está dispoñible nas plataformas iOS e Android.
GALEXIA
Galexia é un xogo educativo para mellorar a dislexia, fluidez lectora e dificultades na fala, gratuito e apto para nenos e adultos. Está dispoñible para dispositivos Android.MATERIAIS DA PSICO-GOLOTECA
RECURSOS DE INTERNET PARA A DISLEXIA
APPS PARA TRABALLAR A DISLEXIA
45 RECURSOS PARA TRABALLAR A DISLEXIA
RECOPILATORIO ACTIVIDADES
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A DISLEXIA DESDE A CASA
ORTOGRAFÍA VISUAL: MÉTODO INTERACTIVO E ABERTO DE ORTOGRAFÍA E VOCABULARIO
TARXETAS DE ORTOGRAFÍA
ORTOGRAFIA VISUAL
XOGOS DE ATENCIÓN PARA NENOS E NENAS
É unha app que consta de 15 xogos educativos para reforzar as habilidades de percepción visual e espacial, dirixida a nenos de todas as idades.
SIMÓN E OUTROS XOGOS DE MEMORIA
O xogo de Simón é un famoso xogo de memoria. Consiste nun xogo electrónico de mesa con catro grandes teclas de diferentes cores: vermello, verde, amarelo e azul. Cada tecla emite un son diferente que axuda ao xogador a recordar a serie de teclas iluminadas. O xogador debe reproducir a secuencia de luz sen cometer un erro. No anterior enlace, podedes acceder a unha versión online do mesmo, xunto con outros xogos online de memoria. Ademais, neste mesmo enlace tamén atoparedes algúns xogos de memoria para imprimir.
SOPA DE LETRAS
No seguinte enlace podedes acceder a exercicios online de sopa de letras de distintos temas: animais, profesións, alimentos, froita, colexio, universo, tempo,...
PALABRAS AO REVÉS
No enlace anterior podedes acceder a tarxetas de exercicios de palabras ao revés.