Amosando publicacións coa etiqueta Convivencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Convivencia. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de maio de 2020

MÁSCARAS E DIVERSIDADE FUNCIONAL

Nestes días confirmouse a obrigatoriedade do uso de máscaras dende os 6 anos. Teranse que levar en espazos públicos cando non se poida manter a distancia de seguridade de 2 metros e nos espazos pechados.
Sabemos que esta obrigatoriedade está exenta para aquelas persoas que presenten dificultade respiratoria e discapacidade ou dependencia.

Aínda así, adxuntamos  unhas pautas prácticas de uso das mesmas, para que as familias con persoas con diversidade funcional as teñan en conta.
Lembrade que a máscara é unha ferramenta máis, a parte da hixiene e o distanciamento social, que nos permitirá coidar a nosa saúde nesta pandemia global que afecta a toda a sociedade. 
COIDÉMONOS!

martes, 24 de marzo de 2020

Estamos de volta!


Ola a tod@s

Tras unha parada na publicación de contidos a través desta canle virtual, as integrantes do Departamento de Orientación retomamos esta vía de comunicación con tod@s vós.

Atopámonos nun momento de incertidume no que a sociedade e a vida que coñecíamos ata o de agora quedou paralizada. O nerviosismo está en cada un dos nosos fogares e non sabemos canto se pode prolongar esta situación. Atrás quedaron os abrazos, as reunións cos amigos e tamén os paseos improvisados. Neste momento todos temos unha labor importante, que é a de axudar a que isto mellore quedándonos nas nosas casas. E as nosas casas son diversas, unhas máis grandes e outras máis pequenas, oxalá neste momento todos tivéramos un xardín propio ao que saír a estirar as pernas.

Ninguén pode facer maxia e facer que todo isto desapareza. As cousas seguen un proceso e neste caso require paciencia, pero desexamos que todo vaia ben para tod@s e mentres esta situación perdure, intentaremos darvos ideas para axudar aos máis pequenos no transcurso do confinamento, así como seguir compartindo información, recursos e estratexias con todos vós.


Unha aperta virtual ata que poidamos volver a vernos!

sábado, 5 de maio de 2012

IGUALMENTE AMIGOS

"Igualmente amigos" é un caderno editiado polo Goberno de Aragón que traballa a igualdade.
Trata de temas tan importantes como a igualdade entre xéneros, a resolución de conflitos, a violencia de xénero ou a sexualidade.
Moi axeitado para o alumnado de secundaria aínda que se pode traballar xa no terceiro ciclo de primaria.
Para acceder hai que premer na imaxe.

venres, 4 de maio de 2012

HABILIDADES SOCIAIS

Premendo na imaxe accédese á páxina de convivencia escolar da "Consejería de Educación de la Junta de Andalucía" onde podemos descargar catro guías para traballar as habilidades sociais, tres axeitadas para o alumnado de primaria e unha para o de secundaria.

domingo, 12 de febreiro de 2012

HABILIDADES SOCIAIS

Novo recurso no repositorio Abalar.
Habilidades sociais básicas para a relación interpersoal. Preténdese que o alumnado tome conciencia da importancia de practicar certas habilidades sociais como factor de integración social e, como consecuencia, de mellora persoal.
Inclue guía didáctica.
Premer na imaxe para acceder.

domingo, 15 de xaneiro de 2012

RECURSOS PARA A PAZ


Premendo na imaxe accédese á nosa web onde pódese atopar unha recompilación de recursos para a Paz.

IRENE EN EL SAHARA

Irene en el Sahara é o segundo conto dunha serie creada por ONG Internacional de Solidariedade, a primeira é titulada "Irene en América Central" - nunha campaña de educación intercultural para primaria.

Como é a vida no deserto? O que un campo de refuxiados? Cal é a razón pola que os nenos saharauis non poden vivir no seu país?
Na historia, Irene ten un amigo Subsahariano Gali, ao que coñecía porque foi acollido por unha familia española hai tempo.
Ao final da historia hai moitas actividades para traballar en el aula, enigmas, sopa de letras do Sahara, un labirinto, e un espazo de orientación para profesores ou os pais que queren impulsar aos seus fill@ s cun pouco de reflexión sobre solidariedade.
É un conto moi recomendado para conmemorar o día da Paz.
Premer na imaxe para ler o conto.

sábado, 10 de setembro de 2011

CONTOS SOLIDARIOS

Páxina onde podemos atopar os contos solidarios, contos para construir un mundo mellor!
Para acceder hai que premer na imaxe.

luns, 14 de marzo de 2011

19 DE MARZO, DÍA DO PAI

Dada a proximidade da celebración do día do pai, comezamos a semana facendo unha conmemoración a todos nosos pais.
A maioría dos países contan no seu calendario cun día de recoñecemento á figura do pai, implicado na educación dos seus fillos, cos que comparte non so lecer, senón preocupacións, anhelos, perdas e ilusións.
Durante esta semana imos ir recomendando cada día un libro no que a figura do pai como coeducador dos fillos xoga un papel moi importante.
O libro de hoxe é O TREN  de Silvia Santirosi & Chiara Carrer (editorial OQO).
En O tren, a pequena protagonista debe facer fronte á terrible perda da súa nai. O pai recorre a un relato para axudar a entender un feito tan doloroso como natural.
Como podo dicirche que as persoas que queremos morren, nos deixa e se van? Como podo dicirche que o amor e a alegría forman parte da vida igual que a dor e a tristeza? (...) Como podo dicirche todo isto, miña nena?

Entón cóntoche unha historia.....


sábado, 26 de febreiro de 2011

"A IGUALDADE CONTA"

"A igualdade conta" é unha colección de contos infantís da editorial Embora con contidos coeducativos e transversais. O seu obxectivo é consolidar prácticas educativas que rompan coa barreira de xénero e coa xerarquización dos estereotipos e roles asignados arbitrariamente a un ou outro xénero.
Na imaxe temos tres libros desa colección recomendados para os máis pequenos.


mércores, 8 de decembro de 2010

OS SINAIS DE TRÁFICO



Actividades interactivas para aprender os sinais de tráfico.

"TE AMO"

N o día da nai, os nenos pequenos fan debuxos para as súas nais.
Un dos nenos debuxa unhas letras ao reés e moi marcadas.
Ao chegar á casa pone o debuxo no colo da súa nai cega e dalle a volta.
Entón, coas mans pode ler "TE AMO"
Estupendo vídeo

SOLIDARIDADE ENTRE IRMÁNS

Estupendo vídeo sobre a solidaridade de unha nena cara o seu irmán enfermo.

POR QUE NON QUERO SER GRANDE?

Estupendo vídeo no que un nenos nos vai dicindo porque non quere ser maior.

"EU TAMÉN SON DEFENSOR DO PROFESOR"

Neste vídeo observamos a violencia nas aulas.
Cada vez hai máis agresións por parte do alumnado e dos propios pais ao profesorado.
 Este vídeo vai en defensa da figura do profesor.

A DIABETE EN NENOS E ADOLESCENTES

"El rincón de Carol" é unha páxina na que a Fundación para a Diabete quere dar a coñecer a diabete de tipo 1 no entorno escolar e evitar as posibles situacións de discriminación hacia o neno ou nena con diabete.

martes, 7 de decembro de 2010

EDUCAR EN E PARA O CONFLITO


Documento para descargar sobre a educación e os conflitos

MATERIAIS EDUCATIVOS PARA A EDUCACIÓN MULTICULTURAL


Sitio web con cantidade de enlaces para a educación multicultural

TEMOS QUE FALAR: O ACOSO ESCOLAR


Conto sobre o acoso escolar.

DOCUMENTOS PARA A CONVIVENCIA

Recompilación dunha serie de documentos sobre convivencia e mediación...