Amosando publicacións coa etiqueta Técnicas de Estudio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Técnicas de Estudio. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de maio de 2012

PLAN TITORIAL INTERACTIVO

A "Junta de Extremadura" preséntanos este Plan Titorial Interactivo para traballar as técnicas de estudio (memoria, esquemas, suliñado...) e sesións específicas sobre nutrición, sexualidade, convivir...
Esta recomendado para o alumnado do primeiro ciclo da ESO pero pódese utilizar tamén no 3º ciclo de primaria
Para acceder hai que premer na imaxe.

TÉCNICAS DE ESTUDIO

Estupendo vídeo para o alumnado a partir do terceiro ciclo de primaria e para os padres e profes que queran mellorar as técnicas de estudio dos rapaces con presentación de estratexias básicas para realizar un estudio eficaz:
  1. Como estudiar?
  2. Como esquematizar?
  3. Como resumir?
  4. Como memorizar?

sábado, 3 de marzo de 2012

USO CORRECTO DO ORDENADOR

Nestes videos pódense ver os consellos para o bo uso do ordenador: posturas correctas, axuste adecuado do equipo, pausas na súa utilización...


domingo, 22 de maio de 2011

TÉCNICAS DE ESTUDO

Premendo na imaxe accederáse ao blog "estudiantes.info" no que podemos atopar métodos, hábitos e técnicas para mellorar o rendimento dos estudos: motivación, planificación do tempo, o método de estudo: explorar, preguntar, ler... son algunhas das cuestións tratadas. Vai dirixido ao alumnado de secundaria, pero pódese aproveitar para o terceiro ciclo de primaria.

venres, 22 de outubro de 2010

APRENDER A ESTUDIAR

Sitio web para reforzar as técnicas de estudio. Trata temas tan variados coma  concentración e motivación, como tomar apuntes, elaboración de traballos, técnicas de memoria...
Moi recomendable a partir do 3º ciclo de Primaria.

COMO ESTUDIAR 1


Exercicios prácticos para ensinar a estudiar ao alumnado do 3º ciclo de Primaria.

WEBQUEST TÉCNICAS DE ESTUDIO

Webquest para traballar as técnicas de estudio. O alumnado terá que imaxinar que é un médico e a partir de ahí presentarase unha tarefa que terá que resolver mediante unha serie de recursos aportados.
Moi boa maneira de reforzar a competencia básica de "aprender a aprender"