luns, 4 de maio de 2020

A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO 2020

Hoxe ensinámosvos unha proposta de actividade que podedes realizar estes días: facer a vosa cápsula do tempo.
Unha cápsula ou caixa do tempo é un recipiente hermético que ten a fin de gardar mensaxes e obxectos do presente para ser atopados por xeracións futuras. A expresión "cápsula do tempo" utilízase dende 1937, aínda que  a idea é tan antiga como os primeiros asentamentos humanos en Mesopotamia.
Hoxe en día, o concepto de cápsula do tempo estase popularizando e en Internet podemos atopar cápsulas do tempo en distintos formatos: dixital (como poden ser fotografías), audios, textos ou vídeos.
Dende a páxina de Materiales Educativos, Nanelly Rivera creou e compartiu este material que vos axudará a facer unha cápsula do tempo do momento tan especial no que vivimos. Esta cápsula do tempo está en formato *.pdf e podedes imprimila e  enchela coas vosas experiencias, fotos, emocións vividas, anécdotas... E por suposto, tamén podedes incluír cousas que non aparecen na plantilla ou animarvos a facer unha cápsula noutros formatos, a creatividade non ten límites.

 Así, cando o confinamento remate, poderedes recordar o que vivíchedes durante este tempo e ensinarllo a todos os vosos amigos e amigas.




Podedes descargar o documento no seguinte enlace:
CÁPSULA DO TEMPO 2020

Se ademais vos gustan as manualidades, aquí podedes ver un tutorial para facer unha cápsula onde gardar os recordos, podedes adaptar os materiais e en vez de foam ou goma eva, utilizar material de refugallo que teñades por casa.