ABC FONÉTICO
ABC FONÉTICO trátase dunha aplicación multimedia deseñada por Lucía Fernández para traballar a ruta fonolóxica. Permite tanto o adestramento como a realización das actividades. Todas elas acompáñanse de apoios visuais e auditivos con sistema de autocorrección ao finalizar cada unha. Descárgase o executable e non necesita instalación.
Na seguinte imaxe podemos ver o menú da aplicación.
DESTINATARIOS:
Educación Infantil. Ensino do Español - Inmigrantes. Educación Especial - Audición e Linguaxe. Alumnado con Discapacidade Auditiva (desmutización). Alumnado con Trastorno Específico da Linguaxe. Dislalias e outras alteracións do fala. Dificultades en lectoescritura. Descargar Guía de uso.