A Educación Artística contribúe ao desenvolvemento cultural e cognitivo das persoas e ten moitas vantaxes, xa que a través da expresión artística podemos canalizar as emocións, mellorar a motricidade, fortalecer a autoestima e axudar á nosa saúde mental, entre outros,...
Nos últimos días son múltiples as propostas que diferentes artistas están promovendo a través das súas redes sociais para axudarnos a facer máis agradables estes momentos. Ao igual que eles son xenerosos con nós, é un bo momento para dar a coñecer todo o talento creativo que nos rodea, por iso imos a presentarvos as propostas dalgúns deles.
Alba EIO é unha deseñadora e ilustradora empática e detallista que reside en Granada. Encántalle a ilustración infantil e estudou Belas Artes na Universidade de Granada, onde descubriu que se pode traballar como ilustradora de libros. Este descubrimento plantou unha semente no seu corazón e pouco despois especializouse en ilustración infantil, cursando un Máster sobre álbum ilustrado na Universidade de Vigo. Tras rematar os seus estudos, comezou a súa vida laboral e estivo case 6 anos ilustrando contos interactivos para móbiles e máis tarde videoxogos. Nos últimos anos está a levar a cabo un proxecto propio como artista freelance, que podedes seguir nas redes: latiendaeio
Durante este tempo de corentena, Alba comparte directos en Instagram nos que podemos ver como traballa e ilustra no seu estudo e mesmo interactuar con ela. E como lle gusta axudar a que pasemos estes días da mellor forma posible, tamén compartiu estes deseños para que os máis pequenos e os maiores tamén, poidamos colorear as súas creacións e darlles vida.
Juanjo Jiménez González é un ilustrador nacido en Málaga. Juanjo, desde que era moi pequeno sentiuse atraído pola ilustración e animación. Ademais, encántanlle os animais, sobre todo os dinosauros, polo que é habitual que aparezan nas súas ilustracións. Estudou un Máster de ilustración e animación na Universidade de Vigo.
Entre os seus traballos atópanse as ilustracións dos seguintes libros:
Nas redes sociais atoparédelo como Juanjotage e no seguinte enlace podedes visitar o seu PORTAFOLIO.
Durante este tempo de corentena, Juanjo compartiu estas fermosas ilustracións para que os máis pequenos gocen dando vida ás súas criaturas do triásico. Podedes descargalas premendo no seguinte enlace.