A Fundación Luchadores Ava é unha organización sen ánimo de lucro que naceu para asesorar e axudar ás persoas con trastornos neurolóxicos. Estes días publicou na súa páxina web unha guía para axudar ás familias a afrontar o illamento na casa con menores con discapacidade e trastornos do desenvolvemento.
Os nenos que padecen un trastorno do desenvolvemento necesitan un apoio incondicional para poder adaptarse a estos cambios repentinos. Eles afróntanse agora a un desafío relacionado coa comprensión e coa comunicación. Todo isto pode desembocar en estados de estrés, ansiedade ou depresión, que poden ir agravándose co paso dos días.
Nesta guía preséntanse algúns consellos e ideas prácticas para as familias de nenos e nenas con discapacidade e trastornos do desenvolvemento, para poder apoiarse neles e sobrelevar mellor a situación. Non obstante, na mesma hai moitos consellos que poden ser útiles para todas as familias.
Podedes descargala a través do seguinte enlace: