Seguimos en corentena e o
transcurso do tempo vainos dicindo que a volta ás clases non vai a
ser tan axiña como nos gustaría.
Así que para chegar a ese
momento tan ansiado, aínda teñen que pasar algunhas semanas, polo
que a nosa proposta de hoxe vai dirixida a que afiancedes os
coñecementos xa adquiridos e practiquedes.
Recopilamos algunhas páxinas
web, blogs, vídeos nos que se propoñen actividades, xogos e experimentos caseiros para utilizar as matemáticas e aprender cousas
novas dunha maneira diferente visual e divertida.
Experiencias para aprender e
desfrutar:
- O cadrado máxico:
Xogos de lóxica cos que
podemos exercitar a mente e practicar o cálculo mental e as sumas e
restas.
Sabiades que algúns magos e
ilusionistas fan uso nos seus espectáculos o truco do cadrado
máxico?
E efectivamente resolven un
cadrado máxico de 4x4 que da a suma que din os espectadores. Para
saber como o fan , tedes un exemplo no seguinte vídeo.
Vídeo:
No seguinte blog atoparás a tarefa para
que realices o cadro máxico de 3x3:
- Xogamos cos euros:
Comezaremos facendo o noso
diñeiro, so tedes que imprimir os euros, recortar e pegar. Para que
vos duren un pouco máis podedes pegarlle un cartón dunha caixa
vella calquera e/ou plastificalos. Agora a practicar o máximo.
Primeiro empezar a practicar
cos céntimos, e despois introducir os euros e os billetes.
Traballade coas fichas, as encontraredes moitas actividades listas
para facer no seguinte enlace:
- O reloxo. Tes hora? Facemos un reloxo de cartón.
Esta actividade pódese facer
co máis pequenos, so temos que motivalos e axudarlles, pasaredes un
bo rato todos xuntos.
Imprimide os modelos e
lembrade decoralo como máis vos guste:
Outra proposta xenial e moi
fácil de realizar é a que podedes atopas no seguinte enlace “Libro
móbil do reloxo analóxico e dixital”.
Nos seguintes enlaces
atoparedes moitas actividades para practicar:
- Xogos para repasar a multiplicación:
a) Xogo da oca para repasar as
multiplicacións:
Imprimir e plastificar para
xogar tantas veces como queiras!
b) Xogo 4 en liña:
Esta é unha adaptación do
clásico xogo de mesa 4 en liña ou conecta 4, onde o obxectivo é
conectar 4 fichas consecutivas de maneira vertical, horizontal ou en
diagonal da mesma cor.
c) Xogo das serpes e
escaleiras:
- Fraccións con Lego:
Para repasar as fraccións de
maneira eficaz e sinxela mentres xogades cos bloques de cores do
Lego.
Vídeo dos bloques de Lego
explicando as fraccións:
Nestes enlace podedes
traballar de forma interactiva as fraccións:
Fichas con máis exercicios de
fraccións:
Recordatorio para nais e pais:
A hora de facer estas
actividades que lle propoñemos os vosos fillos/as é mellor
presentalas como xogos para motivalos. Facer unha actividade ou
dúas como máximo o días collendo calquera das actividades
propostas. Non hai que seguir ningún orde. O tempo a adicar como
moito será de 20 minutos cada sesión. Mellor pouco e ben feito.