xoves, 14 de maio de 2020

PELÍCULAS PARA TRABALLAR A INTELIXENCIA EMOCIONAL




Moitas veces, vemos na escola, como nenos e nenas teñen dificultades para recoñecer e xestionar as diferentes emocións. Lles costa poñerse no lugar do outro, falar e compartir opinións dunha maneira asertiva... Non saben como identificar as emocións por iso, adquirir e desenvolver unha boa intelixencia emocional é imprescindible.

A nosa proposta de hoxe vai dirixida a súa adquisición e coñecemento si, dende un principio, falásemos, analizásemos e reflexionamos sobre as emocións cos nenos e nenas e vemos como outras persoas viven e expresan as súas emocións seremos capaces de reflexionar sobre elas.

As películas poden ser un gran recurso para abordar a educación emocional dende a casa. Nos seguintes enlaces podedes atopar unha relación de películas que poden servir para traballar a intelixencia emocional. Tamén podedes atopar algúns recursos e fichas para traballar sobre as películas propostas.  

Preme na imaxe

 Pulsa na imaxe


Nota para os pais: No seguinte blog sobre educación emocional de infantil e primaria dispoñedes de un amplo repertorio de entrevistas, artigos e estudos sobre intelixencia emocional.



Estes son algúns exemplos que podedes ver:


Del revés: As distintas personaxes ensínannos emocións e valores.




Moustruos S.A.: Esta película e adecuada para aprender a manexar o medo a través destas espantosas e a vez divertidos monstros.




Wonder: Película con moitos elementos para traballar a intelixencia emocional, o bulling, autoestima, autoconcepto, respecto, tolerancia e aceptación.