xoves, 23 de abril de 2020

PROPOSTAS DE ILUSTRADORES PARA O TEMPO DE LECER II

Continuamos dando visibilidade ás propostas de lecer creadas polos ilustradores e outros artistas que tanto se están implicando durante este tempo de confinamento:
Nuria Díaz é un ilustradora nacida en Vilagarcía de Arousa que se define a si mesma como silenciosa, curiosa e observadora. Estudou  a licenciatura de Belas Artes na Universidade de Vigo e máis tarde especializouse cursando un Máster en Arte e Comunicación.
Nun principio, Nuria encamiñou a súa carreira cara ao deseño gráfico, ámbito no que traballou durante bastante tempo. Na actualidade dedícase por completo á ilustración, tanto no ámbito editorial coma no publicitario.
Nuria é unha artista prolífica e entre as publicacións ilustradas por Nuria, atopamos varios títulos de Ed. Xerais e máis recentemente un libro homenaxe ao cineasta Wes Anderson da Editorial Lunwerg.
Nas redes sociais podedes atopala como NuriaDiaz e tamén podedes visitar a súa galería e portafolio no seguinte enlade: PORTAFOLIO.
Durante estes días, Nuria compartiu con todos nós unha versión en diorama do Gran Hotel e tamén varias das súas imaxes para colorear.