xoves, 2 de abril de 2020

DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


Seguramente algúns non sabiades que hoxe día 2 de abril se celebra o día mundial da concienciación sobre o autismo. No ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU), preocupada pola prevalencia do autismo en todas as rexións do mundo, declarou por unanimidade o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Para axudar a darlle visibilidade a este trastorno na nosa sociedade, propoñémosvos unirvos a esta proposta simbólica coa que podedes colaborar sen necesidade de saír das vosas casas.

Ademais, gustaríanos recomendarvos a familias e compañeiros/as a lectura dun libro, para cando teñades un ratiño de relax. 


El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon é unha novela que non se parece a ningunha outra. Peculiar pola forma na que está narrada, esta novela recibiu múltiples premios coma o premio Whitbread e o premio Commonwealth ao primeiro libro do autor.
Na novela, o seu protagonista chámase Christopher. Christopher coñece as capitais e todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e adora as listas, os esquemas e a verdade, máis ten dificultades para relacionarse con outras persoas. A través da súa mirada resolveremos un misterio.

E vos coma lectores podedes axudarlle a resolvelo, para poder facelo, necesitades premer no anterior enlace ou na imaxe da portada que se atopa a continuación.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!