martes, 24 de marzo de 2020

Estamos de volta!


Ola a tod@s

Tras unha parada na publicación de contidos a través desta canle virtual, as integrantes do Departamento de Orientación retomamos esta vía de comunicación con tod@s vós.

Atopámonos nun momento de incertidume no que a sociedade e a vida que coñecíamos ata o de agora quedou paralizada. O nerviosismo está en cada un dos nosos fogares e non sabemos canto se pode prolongar esta situación. Atrás quedaron os abrazos, as reunións cos amigos e tamén os paseos improvisados. Neste momento todos temos unha labor importante, que é a de axudar a que isto mellore quedándonos nas nosas casas. E as nosas casas son diversas, unhas máis grandes e outras máis pequenas, oxalá neste momento todos tivéramos un xardín propio ao que saír a estirar as pernas.

Ninguén pode facer maxia e facer que todo isto desapareza. As cousas seguen un proceso e neste caso require paciencia, pero desexamos que todo vaia ben para tod@s e mentres esta situación perdure, intentaremos darvos ideas para axudar aos máis pequenos no transcurso do confinamento, así como seguir compartindo información, recursos e estratexias con todos vós.


Unha aperta virtual ata que poidamos volver a vernos!