mércores, 2 de marzo de 2011

PROXECTO PARA ESTIMULAR A CREATIVIDADE EN E. PRIMARIA

Educar integralmente non só implica coñecemento académico senón tamén para desenvolver a creatividade. Formar indivíduos creativos é formar seres que sexan quen de pensar, de afrontar novos retos e de resolver problemas
"IDEAS QUE INVITAN A CREAR"  (edit. Brief) é un proxecto que mostra o resultado dun equipo de profesionais da educación que, con base nas máis recentes investigacións sobre a creatividade, propoñen actividades divertidas en forma de fichas que desenvolven a intuición, imaxinación e motivación. Tamén incorpora un sistema e un rexistro de avaliación do programa, así como numerosas referencias bibliográficas e recursos web e que complementan e estenden este proxecto.