martes, 5 de maio de 2020

XOGANDO E APRENDENDO COAS MATEMÁTICAS



Seguimos en corentena e o transcurso do tempo vainos dicindo que a volta ás clases non vai a ser tan axiña como nos gustaría.
Así que para chegar a ese momento tan ansiado, aínda teñen que pasar algunhas semanas, polo que a nosa proposta de hoxe vai dirixida a que afiancedes os coñecementos xa adquiridos e practiquedes.

Recopilamos algunhas páxinas web, blogs, vídeos nos que se propoñen actividades, xogos e experimentos caseiros para utilizar as matemáticas e aprender cousas novas dunha maneira diferente visual e divertida.

Experiencias para aprender e desfrutar:
  1. O cadrado máxico:



Xogos de lóxica cos que podemos exercitar a mente e practicar o cálculo mental e as sumas e restas.

Sabiades que algúns magos e ilusionistas fan uso nos seus espectáculos o truco do cadrado máxico?

E efectivamente resolven un cadrado máxico de 4x4 que da a suma que din os espectadores. Para saber como o fan , tedes un exemplo no seguinte vídeo.

Vídeo:



No seguinte blog atoparás a tarefa para que realices o cadro máxico de 3x3:


  1. Xogamos cos euros:


Comezaremos facendo o noso diñeiro, so tedes que imprimir os euros, recortar e pegar. Para que vos duren un pouco máis podedes pegarlle un cartón dunha caixa vella calquera e/ou plastificalos. Agora a practicar o máximo.

Primeiro empezar a practicar cos céntimos, e despois introducir os euros e os billetes. Traballade coas fichas, as encontraredes moitas actividades listas para facer no seguinte enlace:


  1. O reloxo. Tes hora? Facemos un reloxo de cartón.



Esta actividade pódese facer co máis pequenos, so temos que motivalos e axudarlles, pasaredes un bo rato todos xuntos.

Imprimide os modelos e lembrade decoralo como máis vos guste:


Outra proposta xenial e moi fácil de realizar é a que podedes atopas no seguinte enlace “Libro móbil do reloxo analóxico e dixital”.


Nos seguintes enlaces atoparedes moitas actividades para practicar:



  1. Xogos para repasar a multiplicación:

a) Xogo da oca para repasar as multiplicacións:

Imprimir e plastificar para xogar tantas veces como queiras!


b) Xogo 4 en liña:

Esta é unha adaptación do clásico xogo de mesa 4 en liña ou conecta 4, onde o obxectivo é conectar 4 fichas consecutivas de maneira vertical, horizontal ou en diagonal da mesma cor.


c) Xogo das serpes e escaleiras:


  1. Fraccións con Lego:


Para repasar as fraccións de maneira eficaz e sinxela mentres xogades cos bloques de cores do Lego.

Vídeo dos bloques de Lego explicando as fraccións:


Nestes enlace podedes traballar de forma interactiva as fraccións:


Fichas con máis exercicios de fraccións:


Recordatorio para nais e pais:

A hora de facer estas actividades que lle propoñemos os vosos fillos/as é mellor presentalas como xogos para motivalos. Facer unha actividade ou dúas como máximo o días collendo calquera das actividades propostas. Non hai que seguir ningún orde. O tempo a adicar como moito será de 20 minutos cada sesión. Mellor pouco e ben feito.