luns, 14 de marzo de 2011

19 DE MARZO, DÍA DO PAI

Dada a proximidade da celebración do día do pai, comezamos a semana facendo unha conmemoración a todos nosos pais.
A maioría dos países contan no seu calendario cun día de recoñecemento á figura do pai, implicado na educación dos seus fillos, cos que comparte non so lecer, senón preocupacións, anhelos, perdas e ilusións.
Durante esta semana imos ir recomendando cada día un libro no que a figura do pai como coeducador dos fillos xoga un papel moi importante.
O libro de hoxe é O TREN  de Silvia Santirosi & Chiara Carrer (editorial OQO).
En O tren, a pequena protagonista debe facer fronte á terrible perda da súa nai. O pai recorre a un relato para axudar a entender un feito tan doloroso como natural.
Como podo dicirche que as persoas que queremos morren, nos deixa e se van? Como podo dicirche que o amor e a alegría forman parte da vida igual que a dor e a tristeza? (...) Como podo dicirche todo isto, miña nena?

Entón cóntoche unha historia.....