domingo, 27 de febreiro de 2011

INCLUSIÓN EDUCATIVA

A presenza nas aulas de alumnos e alumnas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento supuxo un paso imprescindible cara á súa inclusión educativa. Con todo FEVAS, como movemento asociativo que agrupa ás súas familias, ten a responsabilidade de seguir traballando para eliminar aqueles obstáculos que, aínda hoxe, impiden a inclusión real e efectiva na a sociedade por iso preséntanos unhas guías coas que se pretende  achegar o coñecemento da discapacidade intelectual á comunidade escolar e, para iso, reune información relevante, contidos e actividades adaptadas ao alumnado de cada etapa educativa. Trátase de considerar a diversidade non como un problema senón como unha realidade cuxo coñecemento enriquece a aprendizaxe de todos. Desta forma desenvolveremos entre todos unha escola que, ademais de recoller aspectos académicos, introducirá unha cultura baseada no fomento de actitudes e valores baseados na solidariedade, tolerancia, empatía e respecto aos diferentes. (Texto extraído da presentación das guías.)
Premer na imaxe para acceder ás guías